Ilusións renovadas do Froiz para a súa 32 tempada no pelotón ciclista
Por Diego Espiño
Son xa 32 anos os que o Grupo Deportivo Supermercados Froiz vai cumprir como membro do pelotón ciclista nacional, pero afróntano coa ilusión do primeiro.
Así o asegura o director do equipo alimenticio, Evaristo Portela, aínda que "o máis importante é que seguimos coa mesma liña de traballo, de pasión e de profesionalidade".
O Froiz protagoniza estes días a súa tradicional concentración de pretempada, con base no Hotel Campaniola, e xornadas de convivencia e adestramentos para os seus ciclistas. É o paso previo a un debut competitivo que se producirá este mesmo sábado 22 de febreiro no Memorial Sanroma, na localidade manchega de Almagro.
Esa cita servirá de posta a punto para a primeira proba da Copa de España, o 1 de marzo co Circuito do Guadiana, e é que o certame nacional elite e sub-23 volve aparecer como unha das grandes aspiracións, tras anos séndolle esquiva.
"Temos catro corredores que o van a facer moi ben na Copa de España. Teño confianza en que así sexa", defende Portela, referíndose en especial ao pontevedrés Guillermo García e tamén a Adrián Barros, corredores que veñen de participar nunha concentración co Burgos BH de categoría profesional.
Ademais as volta a Coruña ou Galicia figuran entre os trofeos máis desexados do ano, sen descoidar o ranking nacional por equipos. Todo iso sobre o papel, porque despois "vai a ser a estrada a que nos poña onde corresponda", sentencia o director deportivo do Froiz.
Relacionadas:
-
O Circuito do Guadiana resísteselle ao Froiz no inicio da Copa de España
Por Redacción |
-
O Froiz, presente no Mundial de Ciclismo en Pista en Berlín
Por Redacción |
-
Sensacións positivas para o Froiz na súa primeira competición da tempada
Por Redacción |
-
Presentación de gala para a nova tempada do Froiz
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Primeiro podio do ano para o Super Froiz. Iuri Leitao, proclámase campión de Portugal
Por Redacción |
-
Dous ciclistas do Super Froiz, Guillermo García e Adrián Barros, a proba cos profesionais
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
O Supermercados Froiz inicia a pretempada cunha xornada de convivencia
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz ficha a Samuel Blanco, campión da Volta a Galicia no 2017
Por Manu Otero |
-
Jesús Arozamena deixa o Froiz para dar o salto ao profesionalismo
Por Redacción |