O Froiz, presente no Mundial de Ciclismo en Pista en Berlín
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz estará representado na gran competición da tempada de ciclismo en pista, xunto aos próximos Xogos Olímpicos de Tokyo, o Campionato do Mundo da especialidade.
Berlín será sede da competición desde este mércores 26 de febreiro e ata o vindeiro domingo 1 de marzo.
Alí estará unha das recentes incorporacións do equipo pontevedrés, o portugués Iuri Leitao.
O ciclista luso, que vén de proclamarse campión nacional na modalidade de 'Scratch', debutará precisamente con esta proba o día 26, mentres que pechará a súa participación o úñtimo día do Mundial na modalidade de 'Madison'.
O Mundial de Berlín pechará o proceso clasificatorio para os Xogos Olímpicos do próximo verán.
Relacionadas:
-
O Circuito do Guadiana resísteselle ao Froiz no inicio da Copa de España
Por Redacción |
-
Sensacións positivas para o Froiz na súa primeira competición da tempada
Por Redacción |
-
Presentación de gala para a nova tempada do Froiz
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Ilusións renovadas do Froiz para a súa 32 tempada no pelotón ciclista
Por Diego Espiño |
-
Primeiro podio do ano para o Super Froiz. Iuri Leitao, proclámase campión de Portugal
Por Redacción |