O Kaiak-Polo Combarro, listo para iniciar unha nova tempada
Por Redacción
Nova tempada para o Club Kaiak-Polo Combarro, que se prepara para dar o pistoletazo de saída ao curso deportivo.
O encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, será a súa primeira competición do curso cunha xornada da Liga Galega prevista para o vindeiro domingo 1 de marzo.
O club, que conta con preto de 40 padexeiros, ten previsto competir en diferentes campionatos a nivel nacional e autonómico.
Fundado en 2011, o Kaiak-Polo Combarro renovou a súa directiva e márcase como obxectivo seguir crecendo.
Para iso animan a todos os que queiran probar este deporte para participar nos adestramentos do equipo que se realizan habitualmente xunto á nave de deportes náuticos do porto de Combarro.