Pablo García e Lydia Pérez lánzanse a polo reto olímpico
Por Diego Espiño
Aproxímase o momento da verdade para Lydia Pérez Touriño e Pablo García. Tras máis de tres anos de sacrificio e duro adestramento, os deportistas do Club de Loita Pontevedra chegan ao momento decisivo no que deberán pelexar pola clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.
Antes de deixar a cidade, ambos os dous recibiron o apoio do goberno local ao ser recibidos polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.
"Primero vamos a Hungría que hay una concentración del 1 al 12 de este mes para preparar el clasificatorio", explicou a PontevedraViva García, que non estará na primeira cita clasificatoria (Budapest do 19 ao 22 de marzo) e que fía as súas opcións á segunda (Sofía, Bulgaria, do 30 de abril ao 2 de maio).
"Opciones hay, no son opciones claras pero siempre hay. Estamos entrenando para poder estar más cerca del nivel de los que hay en el clasificatorio", sinalou o loitador pontevedrés.
Máis posibilidades ten Lydia Pérez, que si estará nos dous torneos nos que se reparten prazas olímpicas (aos dous primeiros clasificados de cada un) e que confía plenamente nas súas posibilidades vendo máis factible lograr o pase en Bulgaria: "En el primero aún queda mucha gente buena por clasificar y en el último va a ser como una repesca", asegurou.
A representante do Club de Loita Pontevedra foi sétima no recente Campionato de Europa, un resultado que "como soy muy ambiciosa me sabe un poco agridulce porque yo buscaba volver con una medalla", pero que pensado máis fríamente "fue un bueno y me acerca más a la clasificación", recoñeceu antes de poñer rumbo a Hungría. O destino espéralles.
Relacionadas:
-
Marcos Miragaya analiza o reto de clasificación olímpica de Lydia Pérez: "Ten nivel para ter opcións"
Por Diego Espiño |
-
A United World Wrestling rectifica e mantén o sistema de clasificación para Tokio 2021
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Os loitadores Pablo García e Noelia Lalín, adestramento en parella durante o confinamento
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cae nos cuartos de final do Europeo de Loita a falta da repesca
Por Redacción |
-
Lydia Pérez acode ao Europeo de Loita mirando de esguello os clasificatorios olímpicos
Por Redacción |
-
Pablo García prepara en París o seu asalto aos clasificatorios olímpicos
Por Redacción |
-
Unha concentración nacional para consolidar o CGTD como centro de referencia na loita olímpica
Por Redacción |