Mateo Sánchez, segunda cesión en dous días para o Peixe Galego
Por Redacción
O Peixe Galego dá por pechada o seu persoal de fronte ao final de tempada na liga LEB Oro pero faio cun novo movemento en forma de cesión.
Trátase dos segundo préstamos en dous días. Primeiro foi a chegada do bosníaco Njegos Sikiras, procedente do Fuenlabrada, e este venres confirmouse a incorporación de Mateo Sánchez.
Aleiro lugués de 21 anos e 1,93 metros de altura, pertence ao Breogán, club no que quedou sen licenza desde o mes de xaneiro ao non entrar nos plans do adestrador Diego Epifanio.
A pasada campaña, no CB León de Liga EBA, o xogador galego alcanzou de media 12,1 puntos por partido.
Tanto Njegos Sikiras como Mateo Sánchez están xa a disposición do novo adestrador 'peixe', Diego Gómez, polo que poderán debutar este mesmo domingo no encontro que enfrontará aos marinenses co Leyma Coruña (domingo, 18:00 horas na Coruña).
Relacionadas:
-
O Peixe Galego dáse unha alegría á conta do Canoe e logra o seu cuarto triunfo do curso (76-81)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego busca en Madrid a primeira vitoria con Diego Gómez ao mando
Por Diego Espiño |
-
Un mal segundo cuarto deixa o Peixe Galego sen opcións fronte o Leyma Coruña (68-60)
Por Almu Dapena |
-
Njegos Sikiras, ala-pívot do Fuenlabrada, chega como cedido ao Peixe Galego
Por Redacción |
-
Javi Llorente valora a súa dimisión: "Es una decisión muy difícil porque es el club que siento y que quiero"
Por Diego Espiño |
-
Javi Llorente faise a un lado e abandona o banco do Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
Joel Hernández desvincúlase do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Oportunidade perdida do Peixe Galego para engancharse á loita pola permanencia e meter nela ao Huesca (59-64)
Por Manu Otero |