Un gol de Rober no último minuto dá a vitoria ao Arosa na súa visita ao Arzúa (0-1)
Por Redacción
Partido moi igualado o disputado este sábado entre o Arzúa e o Arosa no Municipal do Viso.
Os de Rafa Sáez, que viñan de gañar un punto dos últimos dous partidos xogados, saíron ao verde coa intención de levar tres puntos vitais ante un rival directo para a loita polo playoff.
Despois dunha primeira metade moi intensa onde a maior parte de xogo viuse no centro do campo, chegaron os últimos 45 minutos, momento no que se puideron ver as ocasións máis claras para ambos os conxuntos.
Tras o paso polo vestiario, cando se cumpría o minuto 58, os locais tiveron a oportunidade de poñer o marcador ao seu favor, pero Manu Táboas atrapou o disparo do rival sen dificultade e, aos cinco minutos, volveron tela pero o balón foise fóra da portería vilagarciá.
A máis clara do Arosa chegou no 71 despois de dous córneres consecutivos a favor dos locais. Adri centrou para que Rober rematase de cabeza pero o esférico foise fóra da portería defendida por Raul.
Chegábase á recta final e o equipo arousán estaba en busca dun gol que non daba chegado ata que, co partido practicamente concluído, Rober enviaba o balón á rede para dar tres puntos importantísimos para o Arosa.
Con este resultado, o Arosa segue terceiro (46 puntos) e afástase en seis puntos do seu rival esta fin de semana, que segue quinto na clasificación con 40 puntos.
Relacionadas:
-
Pacheco salva un empate para o Arosa contra o Paiosaco no último minuto (1-1)
Por Redacción |
-
Un punto máis para o Arosa que empata ante o Villalbés para seguir terceiro (1-1)
Por Redacción |
-
O Silva corta a serie de oito partidos sen perder do Arosa (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa remonta un gol temperán do As Pontes e acaba goleando (3-1)
Por Redacción |