Vitoria de gran valor para o Arxil sobre o Barakaldo (69-46)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Vitoria moi valiosa a do Club Baloncesto Arxil esta fin de semana fronte un rival directo, o Barakaldo. As de Mayte Méndez, que viñan de sumar tres derrotas no últimos cinco partidos de liga, realizaron un bo partido que deixaron practicamente sentenciado no segundo acto de xogo a pesar dun comezo moi igualado.
María Lago foi a encargada de inaugurar o marcador cun lanzamento de dous, dando paso a uns minutos nos que cada canastra do Arxil era respondida con outra do Barakaldo chegando ao final do primeiro acto cun resultado de 15-12.
Ao comezo do segundo, Puchetti desde a liña de tres, encestó para ampliar momentaneamente a renda dun Arxil que sufriu durante os primeiros compases permitindo ao seu rival que igualase o encontro. Con todo, despois dos 5 minutos de xogo e con María Lago liderando, as de verde conseguiron despegar para irse en 12 puntos ao chegar ao descanso (35-23).
Tras o paso polo vestiario o dominio das locais continuou. Nada máis pitar o inicio, María Lago (18 puntos) aumentou a renda para inaugurando un cuarto practicamente perfecto para as súas co que deixaron o partido sentenciado antes de chegar aos últimos 10 minutos (56-36), onde o Arxil seguiuse mostrando superior e sentenciou o encontro cun contundente 69-46.
Consulta as estatísticas do Arxil-Barakaldo na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Derrota contundente do Arxil na súa visita ao GDKO Ibaizábal (79-49)
Por Redacción |
-
O Arxil pon fin á súa semana máis especial viaxando ao País Vasco
Por Redacción & Roberto Alonso Pereira |
-
Acento pontevedrés na Mini Copa nacional de baloncesto
Por Redacción |
-
O Arxil pelexa ata o final pero non pode co Añares Rioja (74-68)
Por Almu Dapena |
-
Contundente derrota do Arxil fronte ao Patatas Hijolusa (50-75)
Por Redacción |
-
Un competitivo Arxil cae ante o líder, o Estudantes (73-50)
Por Redacción |
-
O Arxil encarrila a permanencia tras vencer o Avilés por 67-52
Por Almu Dapena & Diego Torrado |