Un mal segundo cuarto deixa o Peixe Galego sen opcións fronte o Leyma Coruña (68-60)
Por Almu Dapena
Despois dunha complicada semana na que Javi Llorente deixou o banco do Peixe Galego e Joel Hernández abandonou o club, os de Marín desprazáronse a Coruña coa intención de deixar atrás a mala serie de derrotas e así poder engancharse á loita pola permanencia. Con todo, un mal segundo cuarto deixounos co mel nos beizos a pesar da boa actuación de Badmus, o mellor do partido con 17 puntos e 15 rebotes.
O encargado de inaugurar a contenda foi o Leyma Coruña, que se puxo cun parcial de 7-2 despois dos erros en ataque do Peixe, pero as substitucións nas súas filas permitiron igualar a contenda e chegar ao segundo acto con opcións para remontar.
Co 19-16 no luminoso chegaron os peores minutos para os de Marín, onde os seus xogadores non estiveron acertados de fronte ao aro e cederon un parcial de 22-12, deixando o resultado nada máis chegar ao descanso en 41-28 e poñendo costa arriba ao Peixe.
Tras o intermedio, o xogo visitante mellorou grazas a Badmus, que liderou tanto en ataque como en defensa e permitiu aos seus recortar a distancia no luminoso e meter o medo ao rival no terceiro e cuarto acto, pero os puntos non foron suficientes e terminaron caendo por 68-60.
Consulta as estatísticas do partido Leyma Coruña-Marín Peixe Galego na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego dáse unha alegría á conta do Canoe e logra o seu cuarto triunfo do curso (76-81)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego busca en Madrid a primeira vitoria con Diego Gómez ao mando
Por Diego Espiño |
-
Mateo Sánchez, segunda cesión en dous días para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Njegos Sikiras, ala-pívot do Fuenlabrada, chega como cedido ao Peixe Galego
Por Redacción |
-
Javi Llorente valora a súa dimisión: "Es una decisión muy difícil porque es el club que siento y que quiero"
Por Diego Espiño |
-
Joel Hernández desvincúlase do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Oportunidade perdida do Peixe Galego para engancharse á loita pola permanencia e meter nela ao Huesca (59-64)
Por Manu Otero |