Ferrán Cisneros incorpórase aos adestramentos do Teucro tras a súa lesión
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro estaba necesitado dunha boa noticia, e esta o é. Ferrán Cisneros acaba de recibir a alta médica e pode incorporarse aos adestramentos do equipo.
O xogador catalán foi operado o pasado mes de decembro dunha rotura no labrum do ombreiro, unha das lesións máis temidas polos xogadores de balonmán, e agora obtivo permiso para sumarse progresivamente ás sesións do equipo, con diferentes exercicios, co obxectivo de recuperar aos poucos a forma.
Esta noticia debe supoñer unha alegría a un plantel á que non lle están saíndo as cousas e que se mantén en postos de promoción de descenso, pero non supón en todo caso a volta ao equipo de Cisneros, xa que para conseguir o alta deportiva réstanlle aínda algunhas semanas.
O que segue sen recuperarse dos seus problemas no nocello é Vicente Poveda, que progresa lentamente na súa recuperación. De feito, tras perderse os últimos partidos de liga, a súa presenza é dubidosa para o importante duelo do sábado ante o Palma del Río, aínda que non está descartada.
INICIO DOS ACTOS DO 75 ANIVERSARIO
O mal tempo obrigou a variar lixeiramente o inicio da celebración polo 75 aniversario do Teucro, previsto inicialmente para este mércores 4 de marzo cun izado simbólico dunha bandeira no Pavillón Municipal dos Deportes. Co cambio este acto pasará a celebrarse o sábado día 7 unhas horas antes do partido do primeiro equipo.
Relacionadas:
-
O Teucro reencóntrase coa vitoria á conta do pechacancelas, o Palma del Río (32-19)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Agora ou nunca para o Teucro na visita do pechacancelas Palma del Río
Por Diego Espiño |
-
Empate de ouro para un Teucro que se quere aferrar á permanencia (27-27)
Por Almu Dapena |
-
Ferrán Cisneros deberá pasar polo quirófano e di adeus á tempada co Teucro
Por Redacción |