Pamplona e Vigo, sedes para os primeiros encontros de liga da Gimnástica
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica xa coñece que rivais espéranlle nas primeira xornadas de liga, despois do sorteo e asignación de sedes por parte da Real Federación Española de Atletismo.
O conxunto masculino do club pontevedrés, que afrontará a súa 14ª tempada consecutiva na División de Honra, debutará este curso en Pamplona co obxectivo de non pasar apuros na pelexa pola permanencia na máxima categoría. Os seus rivais no primeiro enfrontamento serán o anfitrión Grupompleo Pamplona Atletismo, a Real Sociedad e o Atletismo Intec-Zoiti aragonés.
Pola súa banda, despois de dous anos debutando na casa, no CGTD, o equipo feminino da Gimnástica estreará a tempada na Primeira División noutra pista, aínda que moi preto de Pontevedra. Farao nas instalaciones de Balaídos, en Vigo co Celta, Tenerife CajaCanarias e AD Gijón Atletismo como rivais.
No seu caso, tras non conseguir entrar a pasada campaña entre as oito primeiras e verse abocadas á pelexa pola permanencia, o obxectivo será máis ambicioso, o de meterse na final polo ascenso a División de Honra. Trátase dunha meta teoricamente posible ao estar situadas no quinto posto do estadillo de marcas previo á competición.
Os encontros da primeira xornada nas ligas nacionais de atletismo celebraranse o sábado 25 de abril.
Relacionadas:
-
Baño de ouro de Raúl Cortizo nun campionato galego sub 20 dominado pola Gimnástica
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu, undécimo título nacional de lonxitude para encherse de moral ante o reto olímpico
Por Diego Espiño |
-
15 medallas e 5 mínimas nacionais, balance da Gimnástica no Campionato Galego en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
A Gimnástica, sen fortuna no Campionato de España Sub-23 de atletismo
Por Redacción |
-
Diego Casas, da Gimnástica á Copa de Europa de Lanzamentos
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, da Gimnástica, proclámase campioa da 31 edición do Campionato de Marcha en Ruta
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Dous neumotórax apartan ao marchador Daniel Chamosa da competición
Por Manu Otero |
-
A Sociedad Gimnástica iniciará a súa carreira pola permanencia na División de Honra o 25 de abril
Por Redacción |