As probas a Nacho López conclúen que non sofre "ningunha lesión de consideración"
Por Diego Espiño
Nacho López pode respirar con certo alivio despois de someterse de novo a probas médicas para determinar o alcance exacto da lesión muscular que lle obrigou a retirarse antes de tempo no choque ante o Atlético B e que lle fixo perderse o duelo contra o Real Madrid Castilla.
Segundo confirmou o Pontevedra Club de Fútbol, o lateral "incorporarase paulatinamente aos adestramentos ao non ter ningunha lesión de consideración segundo as probas diagnósticas realizadas".
O asturiano xa se someteu a unha valoración previa, pero as probas non resultaran concluíntes, polo que tivo que repetilas esta semana.
A pesar das noticias positivas, Nacho aínda non estará dispoñible para o duelo da fin de semana fronte ao Getafe B, xa que seguirá realizando un traballo evolutivo de recuperación para ir subindo a intensidade dos exercicios gradualmente e evitar que se reproduzan os problemas.
Esta está a ser unha tempada accidentada a nivel persoal para o defensor, que encadeou varios problemas físicos, ademais de sancións, que lle impediron ter continuidade no once titular.
O lateral dereito é ademais un posto que se quedou minguado nos últimos días, ao danarse un nocello Santi Figueroa adestrando en Poio. Desta forma Campillo, titular a última xornada, ou Jaouad, perfílanse como as opcións máis claras de Jesús Ramos de cara á fin de semana.
Relacionadas:
-
Outra exhibición rematadora de Rufo na importante vitoria do Pontevedra sobre o Getafe B (2-3)
Por Redacción |
-
Gañar a domicilio, última barreira do Pontevedra cara á recuperación
Por Diego Espiño |
-
Getafe B, unha volta despois do partido que dinamitou a tempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sete anos despois, Pasarón volve celebrar un hat-trick
Por Manu Otero |
-
Rufo encandea a Pasarón nunha goleada sanadora do Pontevedra ante o Real Madrid Castilla (4-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Nacho López estará "entre dos y tres semanas" de baixa
Por Diego Espiño |