Gañar a domicilio, última barreira do Pontevedra cara á recuperación
Por Diego Espiño
Superada a súa serie negativa de 9 xornadas sen gañar, o Pontevedra Club de Fútbol enfróntase á súa última barreira para falar de recuperación, gañar a domicilio.
Os granates non vencen fóra da casa desde principios do mes de decembro, e queren agora encadear por fin dous triunfos consecutivos que lle permitan coller aire na clasificación e deixar de mirar cara aos aínda próximos postos de descenso.
O escollo para conseguilo será este domingo (11:30 horas) un Getafe B en problemas, penúltimo con 28 puntos (por 35 do Pontevedra) e que apura as súas opcións de permanencia. O filial chega á cita, iso si, quizais no seu mellor momento da tempada despois de encadear tres xornadas sen perder e cunha nova cara tras cambiar de inquilino no banco. "Con el cambio de entrenador han cambiado de sistema. Ahora juegan más replegado, esperando la contra", analiza Jesús Ramos.
Para o técnico pontevedrés o conxunto azulón "es un equipo que espera tus errores para machacarte", polo que será necesario afinar a concentración e tamén "habrá que jugar un poco con su ansiedad", avanza sobre o que se poderá ver sobre o céspede deixando a responsabilidade sobre o bloque que actuará de local.
Ramos non poderá contar con Sana por sanción, Nacho López por lesión, nin tampouco con Santi Figueroa ao que se lle diagnosticou unha escordadura de grao II no seu nocello que lle manterá "un par de semanitas" no dique seco. Esta situación deixa con poucos efectivos o posto de lateral dereito, con Campillo arrastrando molestias pero entrando na convocatoria para viaxar a Madrid. A enfermería complétana Berrocal e Javi López.
O colexiado do encontro será o vasco Ekhiotz Sánchez Asla.
Relacionadas:
-
Outra exhibición rematadora de Rufo na importante vitoria do Pontevedra sobre o Getafe B (2-3)
Por Redacción |
-
As probas a Nacho López conclúen que non sofre "ningunha lesión de consideración"
Por Diego Espiño |
-
Getafe B, unha volta despois do partido que dinamitou a tempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sete anos despois, Pasarón volve celebrar un hat-trick
Por Manu Otero |
-
Rufo encandea a Pasarón nunha goleada sanadora do Pontevedra ante o Real Madrid Castilla (4-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |