O baloncesto súmase aos aprazamentos polo coronavirus: nin LEB Ouro, nin Liga Feminina 2, nin base

Por Redacción
Tardou en chegar máis que noutros deportes, pero finalmente o baloncesto tamén decidiu parar como medida preventiva ante o avance do coronavirus COVID-19.
A última hora da tarde do mércores a Federación Española de Baloncesto anunciou a decisión de "suspender preventivamente os partidos previstos para a próxima xornada en todas as súas competicións de carácter nacional", reza o seu comunicado.
Foi o primeiro paso, xa que o organismo que rexe o baloncesto nacional convocou para este xoves á súa Comisión Delegada e á Comisión de Presidentes de Federacións Autonómicas para propoñerlles que esta suspensión se faga extensiva a todos os partidos programados durante as dúas semanas que as autoridades recomendaron.
Esta anulación afecta a todos os partidos da Liga Feminina, Liga Feminina 2, LEB Ouro, LEB Prata e Liga EBA, entre os que se atopan entre outros o Marín Peixe Galego, o Club Baloncesto Arxil pontevedrés ou o Cortegada de Vilagarcía. Ademais a máxima competición nacional, a Liga ACB, anunciou que apoiaba a decisión.
Con todo a medida non queda aí, xa que inmediatamente despois a Federación Galega de Baloncesto comunicou que se sumaba ampliando os aprazamentos en todas as súas categorías, desde a 1ª División autonómica ata as idades de base, paralizando por tanto todo o baloncesto ata o 25 de marzo.
Relacionadas:
-
O baloncesto segue aprazando xornadas, esta vez a do 11-12 de abril
Por Redacción |
-
O Peixe Galego notifica a plantel e corpo técnico a súa intención de aplicar un ERTE
Por Diego Espiño |
-
Nando Álvarez, adestrador do TM Monte Porreiro: "hay mucha incertidumbre y no se sabe si se acabarán las ligas"
Por Almu Dapena |
-
24 dos 28 clubs da Liga Feminina 2, entre eles o Arxil, piden que se dea por finalizada a tempada
Por Redacción |
-
O baloncesto tamén prolonga a suspensión ata abril e o Peixe Galego atrasa a súa volta aos adestramentos
Por Redacción |
-
Os xogadores do Peixe Galego, cada un ao seu lugar de orixe
Por Redacción |
-
O CB Arxil dá permiso ás súas xogadoras para volver á casa durante o período de inactividade
Por Redacción |
-
O Pontevedra mantén os adestramentos do primeiro equipo a pesar da alerta sanitaria
Por Manu Otero |
-
O coronavirus deixa no aire os primeiros selectivos para os Xogos Olímpicos
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
A Xunta suspende o deporte escolar e recomenda o aprazamento do federado
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O balonmán español cede tamén ao coronavirus e suspende as dúas próximas xornadas
Por Manu Otero |
-
A Federación suspende as dúas próximas xornadas da Segunda B e categorías inferiores polo coronavirus
Por Manu Otero |
-
Os partidos do Pontevedra, Cisne, Teucro, Arxil, Poio e Peixe, a porta pechada por orde do CSD
Por Manu Otero | Creada e actualizada