O aprazamento do RallyMix de Cuntis completa a suspensión de todo o deporte na área de Pontevedra
Por Redacción
A cuarta edición do RallyMix Vila Termal de Cuntis tampouco se celebrará na data incialmente prevista. O Concello e a escudería organizadora acordaron este xoves o aprazamento da competición que estaba fixada para os días 14 e 15 de marzo.
Desde o goberno local explican que a decisión vén motivada pola alerta sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19 e para cumprir as instrucións ditadas pola Xunta e as autoridades sanitarias. "Trátase dunha medida tomada por responsabilidade", aseguran desde o executivo cuntiense.
A proba queda aprazada ata que a situación mellore e a nova data será anunciada no menor tempo posible, indican.
Nun comunicado, tanto o Concello como a Escuadra Vila Termal "lamentan os prexuízos que este cambio sobrevido pola gravidade da alerta sanitaria poida ocasionar aos afeccionados, equipos e patrocinadores".
Relacionadas:
-
Aprazada definitivamente ata 2021 a cuarta edición do RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño |
-
O RallyMix Cuntis e a II Subida a Marín, únicas probas automobilísticas da comarca que se manteñen no calendario
Por Redacción |
-
As subidas automobilísticas da Escusa e Ponte Caldelas, aprazadas ata 2021
Por Diego Espiño |
-
Máis de medio cento de inscritos nun RallyMix de Cuntis que promete espectáculo na súa cuarta edición
Por Redacción |
-
Jan e Nil Solans, campións do Mundo júnior de rallys, grandes reclamos do IV RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño |