Raúl Jiménez deixa de ser adestrador do Poio Pescamar
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar e o adestrador do primeiro equipo, Raúl Jiménez, chegaron a un acordo para rescindir o contrato na que era a súa primeira tempada no club e anunciarán nos próximos días ao novo técnico.
Segundo explica o conxunto vermello "por motivos laborais, o técnico andaluz non puido compatibilizar ao 100% os seus dous traballos", e por iso tomaron esa decisión.
Esta sorprendente noticia chega despois de que o agora ex técnico vermello lograse recuperar a quinta posición en liga aínda que lonxe do obxectivo de meterse no play-off, ao atoparse a 12 puntos de diferenza do cuarto clasificado, o Alcorcón, e con tan só 5 xornadas por disputarse.
Así mesmo, baixo as ordes de Jiménez, o club conseguiu a histórica clasificación para a final four da Copa da Raíña na que se atopan os ósos duros do futbol sala: Alcorcón, Universidad de Alicante e Burela.
COMUNICADO DO POIO PESCAMAR:
"O noso club e o ata o de agora primeiro adestrador Raúl Jiménez chegan a un acordo para rescindir contrato. Por motivos laborais o técnico andaluz non puido compatibilizar ao 100% os seus dous traballos polo que o equipo conserveiro anunciará nuns días o novo míster. Durante este parón de 15 días o primeiro equipo, que se atopa nas súas casas, recibe o traballo diario do noso preparador físico."
Relacionadas:
-
O Leis anuncia o regreso de Raúl Jiménez como adestrador do primeiro equipo
Por Redacción |
-
O pontevedrés Manuel Cossío é o elixido para dirixir ao Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Silvia Aguete, nomeada mellor gardameta do mundo: "Que la gente reconozca tu trabajo es un orgullo"
Por Diego Espiño |
-
A Federación suspende as dúas próximas xornadas da Segunda B e categorías inferiores polo coronavirus
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar leva o derbi ante o Ourense Envialia (2-3)
Por Almu Dapena |