A formación, alternativa ao peche tamén no deporte
Por Redacción
Coas competicións paralizadas e a poboación, por suposto tamén os deportistas, pechados na casa, é tempo de buscar alternativas.
Ás diferentes opcións de adestramento para, polo menos, tentar manter no posible o ton físico, a formación deportiva aparece como outra posibilidade.
Así o ve por exemplo a Federación Galega de Balonmán, que poñerá en marcha cursos de formación tanto para monitores como árbitros, e expón ademais desafíos e xogos cos seus seguidores nas redes sociais.
Neste sentido, a federación abriu o 15 de marzo (ata o día 22), o prazo de inscrición para un curso online de monitor de balonmán de nivel 1 que comezará o día 25 e que conta con só dúas clases presenciais que se cambiarán de data no caso de ser necesario.
Doutra banda preparan outro curso de nivel 2 e outro para árbitros, o que se complera cun clinic online de cinco días de duración dedicado á base que contará con grandes nomes do balonmán galego e español como profesores, anuncian.
En canto aos restos en redes sociais, pretenden medir o coñecemento de seguidores e deportistas sobre diferentes materias, por exemplo o minibalonmán, primeiro dos desafíos publicados ao que pode accederse a través desta ligazón.
Toda iniciativa é pouca para tentar pasar estes días de reclusión da mellor maneira posible.
Relacionadas:
-
Os retos en redes sociais, un dos populares pasatempos da corentena
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Luis Montes: "La práctica totalidad de los clubes tenemos contratos hasta el 31 de mayo"
Por Diego Espiño |
-
O balonmán prolonga a suspensión das competicións, polo momento, ata principios de abril
Por Redacción |
-
Toño Lafuente, un regreso ao balonmán condicionado polo coronavirus: "Si acaba la liga puedo llegar a no debutar incluso"
Por Diego Espiño |
-
A Xunta suspende o deporte escolar e recomenda o aprazamento do federado
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O balonmán español cede tamén ao coronavirus e suspende as dúas próximas xornadas
Por Manu Otero |