Cancelado o Europeo de Ximnasia Trampolín, última vía de clasificación olímpica para Melania Rodríguez
Por Diego Espiño
Estar nos próximos Xogos Olímpicos de Tokyo era un reto complicado para Melania Rodríguez, pero agora volveuse case imposible.
A Federación Europea de Ximnasia vén de comunicar a suspensión por causa do coronavirus do Campionato de Europa de Ximnasia Trampolín que se ía a disputar do 7 ao 10 de maio en Goteborg, Suecia.
Trátase dunha medida esperada, pero é que o evento era a única vía que quedaba á ximnasta pontevedresa para tentar conseguir unha praza olímpica na disciplina de trampolín, tras non logralo no Mundial e non contar con puntos suficientes nas Copas do Mundo da especialidade.
Sen embargo todo segue no aire, como recoñece o seu adestrador no Ximnasia Pontevedra e seleccionar nacional, o tamén pontevedrés Pablo Hinojar: "Estamos con la incertidumbre de lo que vayan a hacer, porque no sé cómo van a restructurar el sistema de clasificación olímpica".
O técnico cre que "si se mantiene la fecha de los Juegos Olímpicos se inventarán un sistema de clasificación antes", tendo en conta que ademais do Europeo, que se tentará acomodar no calendario na segunda metade do ano, viuse afectado o ranking das copas do Mundo.
De todos os xeitos Hinojar opina que a decisión de suspender o campionato é a correcta dadas as circunstancias de excepción, xa que "no tenía sentido juntar allí a 2.000 personas", e ademais a competición veríase condicionada pola falta de preparación, e é que aínda que os ximnastas seguen exercitándose nos seus domicilios como boamente poden "necesitan una parte muy específica que es saltar en los aparatos", e iso é algo que non saben cando poderán volver a facer.
Relacionadas:
-
Pablo Hinójar volve facerse cargo da selección española de ximnasia acrobática
Por Manu Otero |
-
Confirmada a nova data para os Xogos Olímpicos: do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2021
Por Redacción |
-
A Xunta garante aos deportistas con aspiracións olímpicas que o seu programa de axudas "seguirá plenamente vixente"
Por Redacción |
-
Alejandro Bernárdez e Daniel Pérez, do Ximnasia Pontevedra, quedan ás portas do podio no Mundial
Por Redacción |
-
Melania Rodríguez queda lonxe dos primeiros postos no inicio do Mundial de Trampolín
Por Diego Espiño |
-
As esperanzas olímpicas de Melania Rodríguez, en xogo no Mundial de ximnasia trampolín
Por Diego Espiño |
-
A ximnasta Melania Rodríguez representará a España no mundial de Toquio
Por Manu Otero |
-
Melania Rodríguez proclámase subcampioa do mundo de Ximnasia Trampolín
Por Sofía Lorenzo |