24 dos 28 clubs da Liga Feminina 2, entre eles o Arxil, piden que se dea por finalizada a tempada
Por Redacción
Os clubs da Liga Feminina 2 de baloncesto uníronse para pedir o final da tempada tras a suspensión temporal da competición por mor da crise do coronavirus.
Dos 28 clubs que compoñen a categoría nos seus dous grupos, un total de 24 entre os que se atopan o Arxil pontevedrés, o Cortegada de Vilagarcía e o Baxi Ferrol, remitiron un escrito á Federación Española de Baloncesto (FEB) para que a liga se de por finalizada na xornada 21, cando foi paralizada.
Por diante quedarían cinco xornadas de competición regular, ademais do play- off, pero o temor tras confirmarse o aprazamento dunha xornada máis (28 e 29 de marzo) é que a situación se prolongue demasiado no tempo.
Segundo entende por exemplo o Arxil, estender a competición máis aló do mes de abril supoñería un importante quebranto económico, debido a que obrigaría a prolongar os contratos das xogadoras.
Ademais, as restricións fronteirizas adoptadas por diferentes países complica a volta a España das xogadoras que con permiso dos seus clubs regresaron ás súas casas, como sucede no equipo pontevedrés coa estadounidense Forster, a sueca Linne e a arxentina Puchetti.
A solicitude da maioría de clubs da segunda categoría do baloncesto nacional aposta por deixar en mans da Comisión Delegada da FEB a decisión sobre como se organizarían ascensos e descensos.
Relacionadas:
-
O filial do Arxil ascende á categoría de bronce do baloncesto español
Por Redacción |
-
A tempada, finiquitada definitivamente para un Arxil "preocupado" por o próximo curso
Por Diego Espiño |
-
As federacións, ante o momento de tomar decisións sobre como concluír a tempada
Por Diego Espiño |
-
O baloncesto segue aprazando xornadas, esta vez a do 11-12 de abril
Por Redacción |
-
Nando Álvarez, adestrador do TM Monte Porreiro: "hay mucha incertidumbre y no se sabe si se acabarán las ligas"
Por Almu Dapena |
-
Natalia López, xogadora do Arxil: "me encuentro súper bien y motivada para entrenar en casa"
Por Almu Dapena |
-
A sombra do ERTE sobrevoa sobre os clubs deportivos da comarca
Por Diego Espiño |
-
O baloncesto tamén prolonga a suspensión ata abril e o Peixe Galego atrasa a súa volta aos adestramentos
Por Redacción |
-
O CB Arxil dá permiso ás súas xogadoras para volver á casa durante o período de inactividade
Por Redacción |
-
O baloncesto súmase aos aprazamentos polo coronavirus: nin LEB Ouro, nin Liga Feminina 2, nin base
Por Redacción |