Natalia López, xogadora do Arxil: "me encuentro súper bien y motivada para entrenar en casa"
Por Almu Dapena
Natalia López segue descontando os días no calendario para regresar á cancha de baloncesto.
A xogadora do Arxil, que rompeu o ligamento cruzado e o menisco da súa perna dereita ao principio de tempada, empezara a saír a correr xusto antes de que se chegase á situación do estado de alarma polo coronavirus, polo que sente "un poco de rabia" ao estar no punto da recuperación no que empeza a saír correr.
A pesar diso, ve a situación con positividade "cuando salga de aquí podré hacer muchísimas más cosas de las que hacía antes". Poderá correr con normalidade e meterse en sesións de tiro xa que se atopa "súper bien" e sente "motivada para entrenar en casa", explica.
En canto á recuperación, "está yendo muy bien, sin molestias en la rodilla". Falou co rehabilitador e mandoulle varios circuítos para realizar dentro de casa, "hago lo mismo que cuando iba con él menos bicicleta".
Unha ou dúas veces ao día colle as gomas, esterillas e mancuernas e fai o que faría con el pero en casa, compaxinándoo con algunha que outra carreira nas escaleiras do edificio aproveitando que vai tirar o lixo "en vez de subir hasta el segundo, subo hasta el sexto y después bajo", comenta.
A corentena pilloulle, como a moitas persoas, lonxe da súa familia. Os seus pais atópanse en León e a súa irmá en Madrid, que está a estudar medicina e cóntalle como vai avanzando a situación que se está vivindo, polo que recalca que "hay que intentar ser responsables. Esto no es una broma, hay que hacer caso a lo que nos mandan para que acabe cuanto antes. Nuestra tarea es bien fácil, simplemente no salir de casa".
É por iso, que a leonesa compaxina os traballos de rehabilitación co lecer dentro de casa "intento buscar cosas para hacer, llevando una rutina para mantenerme activa", aproveitando o tempo libre para dedicarse a algúns dos seus hobbies "leo un poco y a veces escribo. También toco la guitarra y juego a las cartas y veo series con mi compañera de piso".
Tamén utiliza as redes sociais como vía de escape durante esta corentena, e refúxiase nos concertos en directo dos artistas que están a facer que o confinamento se faga máis entretido e levadío. "Suele haber un montón, y antes de cenar o durante la cena nos ponemos algún concierto del grupo que toque ese día", concluíu.
Aínda non se sabe se a xogadora arxilista poderá volver xogar esta tempada, xa que 24 de 28 equipos de Liga Feminina 2, entre os que se atopa o Arxil, escribiron esta semana á Federación Española de Baloncesto para que a liga se de por finalizada na xornada 21, cando foi paralizada.
Con todo, a Comisión Delegada da FEB aínda non tomou unha decisión polo que, nun principio, ao conxunto verde quedarían por disputar cinco partidos: Alcobendas, Leganés, Ferrol, Real Canoe e Cortegada.
Relacionadas:
-
A tempada, finiquitada definitivamente para un Arxil "preocupado" por o próximo curso
Por Diego Espiño |
-
O baloncesto segue aprazando xornadas, esta vez a do 11-12 de abril
Por Redacción |
-
24 dos 28 clubs da Liga Feminina 2, entre eles o Arxil, piden que se dea por finalizada a tempada
Por Redacción |
-
O CB Arxil dá permiso ás súas xogadoras para volver á casa durante o período de inactividade
Por Redacción |
-
A arxilista Natalia López, operada con éxito da rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Redacción |