Nando Álvarez, adestrador do TM Monte Porreiro: "hay mucha incertidumbre y no se sabe si se acabarán las ligas"
Por Almu Dapena
O Tenis de Mesa Monte Porreiro é outro dos equipos da cidade que se está vendo prexudicado polo Estado de Alarma polo coronavirus.
O adestrador do equipo, Nando Álvarez, explicou que a situación ao principio vivírona "con mucha incerticumbre y tremenda preocupación, sobre todo por los chicos de fuera". No momento no que se empezou a falar do peche de fronteiras o equipo pontevedrés encheuse de "caos", "pero por suerte salió todo bien y no tuvieron ningún problema para viajar", comenta aliviado.
En canto á saúde e ao estado dos deportistas "ellos están bien y al final es lo que cuenta". Están a seguir un plan para non perder a forma física realizando exercicios de mantemento para así poder afrontar da mellor maneira a recta final da tempada, aínda que existe "mucha incertidumbre y no se sabe si se acabarán las ligas" xa que a Federación de Tenis de Mesa notificou estes días que a partir do luns 23 de marzo e ata nova orde, quedan aprazados todos os encontros das competicións das Ligas Nacionais.
A Federación tamén ampliou o prazo de inscrición dos Campionatos de España. O equipo de Monte Porreiro tiña pensado participar no de Valencia que se ía a disputar en xuño "íbamos una delegación grande, pero me da que se va a suspender todo", explica.
A pesar diso está feliz pola tempada que estaba a realizar o club. "Estaba siendo una temporada espectacular. Hemos disfrutado como nunca y el equipo estaba en una forma buenísima, sobre todo mental, y eso se notaba en los resultados", non só do primeiro equipo masculino, senón tamén nas mozas de división de honra que "estaban a realizar unha tempada tremenda", permitindo debutar a Mariña García (12 anos e Campioa do Estatal), Laura Forte (13 anos) e Mar Rivas (actual Campioa Galega Infantil) e facendo que a sección feminina aumente.
Con respecto ao que sucederá, Nando pide "calma e colaboración" para levar a situación o mellor que se poida e así mitigala canto antes. Mentres tanto, o deporte non o abandona nin a el, nin ás súas dúas fillas, que montaron a súa cancha de tenis de mesa con libros e así facer máis levadío o reto 'Quédache na casa'.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro despídese de Europa por non disputar a Copa do Rei
Por Almu Dapena |
-
O TM Monte Porreiro xogará competición europea a próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
A tempada acaba definitivamente para o TM Monte Porreiro tras a suspensión do Campionato de España
Por Diego Espiño |
-
Confirman a finalización das ligas nacionais de tenis de mesa: "Era imposible poder acabarlas"
Por Diego Espiño |
-
A sombra do ERTE sobrevoa sobre os clubs deportivos da comarca
Por Diego Espiño |
-
24 dos 28 clubs da Liga Feminina 2, entre eles o Arxil, piden que se dea por finalizada a tempada
Por Redacción |
-
O baloncesto tamén prolonga a suspensión ata abril e o Peixe Galego atrasa a súa volta aos adestramentos
Por Redacción |
-
O baloncesto súmase aos aprazamentos polo coronavirus: nin LEB Ouro, nin Liga Feminina 2, nin base
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro vence con autoridade o Irún Leka Enea (4-1)
Por Redacción |