Pontemuíños acollerá o sábado o campionato galego de larga distancia en piscina
Por Diego Espiño
A piscina olímpica da Fundación Rías do Sur, en Pontemuíños, será a sede da novena edición do campionato galego de natación de longa distancia en piscina o próximo sábado, día 27 de outubro.
O Club Natación Galaico, organizador da proba, será a entidade con máis nadadores en competición, 19, nunha especialidade na que se especializou nos últimos anos, sendo os actuais campións galegos por equipos e de España en categoría feminina, con nadadoras como a olímpica Beatriz Gómez.
Para o presidente do Galaico, Alfonso Gallego, é un orgullo encontrase nesta situación, "tenemos muchas expectativas en el campeonato. Es una disciplina reciente, olímpica desde 2008 y desde el club estamos apostando muy fuerte por ella".
As categorías sénior e júnior nadarán 3.000 metros en estilo libre, mentres nos infantís a distancia se reduce ata os 2.000 metros.