O pontevedrés Manuel Cossío é o elixido para dirixir ao Poio Pescamar
Por Redacción
A alerta sanitaria polo coronavirus non impide o traballo de oficina no Poio Pescamar que continúa a súa procura dun novo adestrador despois da marcha de Raúl Jiménez, que non pode compatibilizar o seu traballo coa direccón do primeiro equipo, para cando regrese a competición. Nos últimos días, a dirección deportiva ha intensificado os contactos con Manuel Cossío e o presidente do club, Juanjo García espera pechar a fichaxe esta semana.
"É a opción máis real, esperamos deixalo pechado esta semana e facelo oficial", sinala o dirixente sobre a incorporación do preparador pontevedrés con pasado na escuadra rojilla en dúas etapas diferentes.
O exentrenador do Leis Pontevedra e O Fisgón concluíu a súa relación co Atlético Benavente o pasado mes de xaneiro. No conxunto zamorano ocupábase dos labores de segundo adestrador do primeiro persoal e director da base.
Comezou a súa aventura nos bancos na escuadra pontevedresa, á que acabaría regresando para substituír ao xa exrojillo Raúl Jiménez e alí permaneceu cinco campañas. No 2018 fichou polo Fisgón, de Segunda División pero só completou a primeira volta. Foi entón cando recibiu a chamada do Atlético Benavente, no que se mantivo ata xaneiro do 2020.
Se nada se torce, Manuel Cossío iniciará, cando se termine a corentena decretada para frear a pandemia do coronavirus, a súa terceira aventura no club da Seca. Foi o adestrador do Poio Pescamar no ascenso á división de prata do fútbol sala feminino nacional. Logo renunciou a continuar e regresou no 2011, pero ao finalizar o curso foi relevado polo brasileiro Marcio Santos.
Relacionadas:
-
Iria Saeta, primeira saída nun Poio Pescamar que empeza a planificar a próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
O Poio asume o fin da liga e espera xogar a final da Copa da Raíña en pretemporada
Por Manu Otero |
-
Silvia Aguete, nomeada mellor gardameta do mundo: "Que la gente reconozca tu trabajo es un orgullo"
Por Diego Espiño |
-
Raúl Jiménez deixa de ser adestrador do Poio Pescamar
Por Almu Dapena |