A expedición da vilaboense Rosa Paredes fai cumio no Pico Lenin
Por Oskar Viéitez
A expedición da veciña de Vilaboa, Rosa Paredes, fixo cima no Pico Lenin de 7.134 metros de altura.
O Pico Lenín está localizado na cordillera de Pamir, concretamente nos dominios fronteirizos entre Tayikistán e Kirguistán.
"Os catro aventureiros sairon na madrugada para atacar o cumio con previsión de ceo despexado a tres días vista", segundo informa o presidente do Club de Montañeiros de Pontevedra A Roelo, Manuel Beloso.
Rosa e o seu compañeiro Roberto, síntense con forzas e prosiguen ascensión pero os outros dous integrantes da expedición, Miguel e Rafa, decidiron voltar ó campo 3 por cansancio.
Rosa e Roberto teñen que controlar o horario e que non se lles faga tarde para o descenso. Teñen por diante unha xornada de 14 horas de actividade como mínimo e hai que administrar ben as forzas.
Mais a 6.900 metros, segundo a marca do GPS, Rosa decidiu dar a volta deixando a Roberto en solitario. "Rosa non debeu velo claro", apunta Manolo Beloso "e moito máis difícil tomar a decisión de volver que a de seguir", engade.
Contra as 13:40 hora de España, Roberto fixo cumio no Pico Lenin. En comunicación por radio co campamento base indican que todos están ben. Rosa, Miguel e Rafa, xa no C3 e Roberto descendendo ata o C3.
O mércores dende o campo base haberá oportunidade de falar con eles e trasladarlles os parabéns por esta xesta.