A Federación Internacional de Tríatlon amplía o parón das súas competicións ata o 30 de xuño
Por Redacción
O calendario do que ía ser o último ano na modalidade olímpica para Javier Gómez Noya está cada vez máis no aire.
Este venres, a Federación Internacional de Tríatlon notificou a extensión do parón de todas as súas competicións ata o 30 de xuño debido á emerxencia sanitaria polo COVID-19.
Aínda que os eventos estean suspendidos, Marisol Casado, Presidenta do Tríatlon e membro do COI, explicou que manteñen o contacto con todos os involucrados nas diferentes actividades "para atopar datas e posibilidades alternativas".
En canto ás competicións que, de momento, manteñen a súa data, son as Series Mundiais de Hamburgo, que se celebrarán os días 11 e 12 de xullo, e a Gran Final de Edmonton, que terá lugar na cidade canadense do 17 ao 23 de agosto.
Doutra banda, foron suspendidas as Series Mundiais de Yokohama ou a proba da Copa do Mundo de Paratriatlón que se ía a celebrar na Coruña durante os días 6 e 7 de xuño.
Mentres tanto, e coa esperanza de que esta situación finalice canto antes, os deportistas séguense exercitando desde as súas casas cumprindo coas recomendacións sanitarias.
Relacionadas:
-
As series mundiais de triatlón do 2020 decidiranse a unha soa carta: o 5 de setembro en Hamburgo
Por Manu Otero |
-
Javier Gómez Noya asegura que se pospoñen o Ironman de Hawaii para febreiro de 2021, "me centraría en los Juegos de Tokyo"
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya lembra o Europeo do 2011 en Pontevedra como un dos peores momentos da súa carreira
Por Manu Otero |
-
Tres posibles escenarios para retomar a competición no tríatlon nacional
Por Redacción |
-
Gómez Noya vese nos Xogos de Tokyo en 2021, aínda que "o tempo non corre ao meu favor"
Por Diego Espiño |
-
Confirmada a nova data para os Xogos Olímpicos: do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2021
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os deportistas de elite mostran a través das redes sociais os seus adestramentos na casa
Por Diego Espiño |
-
Os adestramentos virtuais, unha ferramenta máis para os triatletas pontevedreses
Por Diego Espiño |