E o gañador é... Pontevedra-Lorca do ano 2004, o ascenso a Segunda División
Por Redacción
Os afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol teñen a próxima fin de semana unha cita obrigada diante do televisión, que lle fará revivir un dos recordos máis bonitos da historia recente do club granate, o seu último ascenso á Segunda División Nacional.
A segunda canle da Televisión de Galicia (TVG2) redifundirá o partido do 27 de xuño de 2004 entre Pontevedra e Lorca, despois do resultado dunha enquisa promovida polo programa En Xogo e que pretende con estes choques históricos dos equipos galegos alegrar na medida do posible os días de confinamento.
A opción do Pontevedra-Lorca acumulou o 51,6% dos votos dos afeccionados, seguido do Oviedo-Pontevedra do paly-off de ascenso de 2010 (29%) e por último do duelo de Copa do Rei fronte ao Real Zaragoza en 2007 (19,4%). Todo iso habendo participado 639 seguidores na enquisa.
Elixido o partido, agora toca esperar por coñecer a data exacta de emisión. Será a próxima fin de semana, aínda que ata este mércores día 8 a canle autonómica non confirmará en que lugar da súa grella televisiva o coloca. Vaian collendo sitio e preparándose para revivir aquel bonito momento.
Por clara mayoría gañou o @PontevedraCFSAD @lorcadeportiva. O ascenso do ano
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 6, 2020
Será a próxima fin de semana. O mércores confirmamos o horario e o día https://t.co/JSyKdEAPM0
Relacionadas:
-
27 de xuño, día festivo para os granates
Por Manu Otero |
-
A comunidade granate imponse nunha enquisa en Twitter e a TVG repoñerá o partido do ascenso a 2ª B
Por Manu Otero |
-
A afección do Pontevedra 'revive' o ascenso a Segunda de 2004
Por Diego Espiño |
-
Falece Marcelino, outro dos heroes granates da Puentecilla
Por Ramiro Espiño |
-
Ascenso contra o Lorca, play-off en Oviedo ou Copa ante o Zaragoza: Que partido do Pontevedra gustaríache revivir?
Por Diego Espiño |
-
Merece algún gol do Pontevedra coarse entre os mellores do curso na Segunda B?
Por Diego Espiño |
-
Un lustro dunha das maiores goleadas da historia do Pontevedra
Por Manu Otero |