Falece o húngaro Ferenc Füzesi, figura do Teucro nos anos 90
Por Diego Espiño
A familia da Sociedad Deportiva Teucro está de loito, tras coñecer este martes do falecemento de Ferenc Füzesi, xogador que deixou unha profunda pegada na cidade durante os primeiros anos da década dos 90.
O seu paso polo por entón chamado Caixa Pontevedra Teucro, ata o 95, coincidiu cos mellores anos deportivos do club pontevedrés, consolidado na máxima categoría do balonmán nacional.
Füzesi estaba a piques de cumprir os 60 anos de idade e seguía ligado ao balonmán no seu país natal, Hungría, como adestrador.
Central de calidade e con gran presenza, foi internacional por Hungría en 86 ocasións, incluíndo a súa participación nos Xogos Olímpicos de 1992.
"A SD Teucro lamenta o falecemento do noso ex-xogador, Ferenc Fuzesi. O húngaro formou parte do club nos anos 90, na mellor época dos nosos 75 anos de historia", sinalou o Teucro tras coñecer a triste noticia.
A SD Teucro lamenta o falecemento do noso ex xogador, Feren Fucesi.
— S.D. Teucro (@sdteucro) April 7, 2020
O húngaro formou parte do clube nos anos 90, na mellor época dos nosos 75 anos de historia. DEP pic.twitter.com/rMaci1bhHh
Pola súa banda o pontevedrés Quique Domínguez, que coincidiu naquel equipo do Teucro co húngaro, recoñeceu que lles uniu unha "conexión especial", definíndoo como "unha montaña de xogador louro e bigotón cos xeonllos xa moi castigadas. Un ser humano descomunal".
Durante mis años como jugador tuve mil compañeros de equipo, con algunos la conexión fue inmediata y especial. Sin duda, Ferenc Füzesi fue uno de ellos. Una montaña de jugador rubio y bigotón con las rodillas ya muy castigadas. Un ser humano descomunal. Descansa en paz, amigo! pic.twitter.com/MoYZHNRB1j
— Quique Domínguez (@EMunaiz) April 7, 2020
Tamén o adestrador Víctor García Pillo fíxose eco da noticia lembrando o "excelente central" e sobre todo a "un bo tipo".
Enorme tristeza por el fallecimiento de Ferenc Fuzesi, execelente central de una de las mejores epocas de la @sdteucro . Un buen tipo D.E.P. https://t.co/FqRJHphZdC
— VICTOR Gª PILLO (@VictorG_Pillo) April 7, 2020