El Intermedio de La Sexta acórdase de Roelio: "La mascota del Pontevedra y de nuestros corazones"
Por Diego Espiño
A mascota do Pontevedra Club de Fútbol, Roelio, volveu a ter presenza na televisión nacional, esta vez no programa El Intermedio de La Sexta.
Foi unha aparición breve, pero que se une outras anteriores demostrando o tirón que segue tendo o símbolo granate.
Nesta ocasión, durante o programa deste xoves 9 de abril, o espazo conducido en horario de prime time polo Gran Wyoming fixo referencia a Roelio dentro dunha conversación sobre o cantante vigués Tony Lomba.
O caso é que o colaborador do programa, Dani Mateo, fixo referencia a un vídeo anterior do cantante no seu balcón, animando o confinamento, no que non o identificaron, sinalado que Lomba é toda unha referencia a nivel galego, "un símbolo a la altura de la empanada de zumburiñas, el Albariño o Roelio, la mascota del Pontevedra y también de nuestros corazones".
A referencia segue cunha entrevista co artista, todo iso a partir do minuto 34 do programa, que se pode volver ver a través da plataforma atresplayer.com.
Hai dous anos, durante a primeira metade de 2018, Roelio converteuse en protagonista recorrente do programa La Resistencia da canle #0, en Movistar+, un espazo televisivo de humor encabezado por David Broncano, que primero cebouse con el e logo chegou a felicitalo en directo á mascota granate tras a consecución esa tempada do título de Copa Federación.
Relacionadas:
-
Roelio volve a Pasarón polo Nadal para un brinde copeiro
Por Manu Otero |
-
David Broncano "felicita" ao campión da Copa Federación... "Roelio"
Por Alejandro Espiño |
-
David Broncano segue a burlarse de Roelio: agora decide lanzalo en globo como "basura espacial"
Por Noelia Torres Pintos |
-
O humorista David Broncano 'cébase' con Roelio na televisión nacional
Por Redacción |
-
11.000 adhesivos en defensa de Roelio, 'a mascota máis fea do deporte'
Por Redacción |