Teresa Portela supera o "bajón" polo aprazamento dos Xogos: "Es el mismo reto pero en 2021, y ya estoy mentalizada"
Por Redacción
O aprazamento dos Xogos Olímpicos de Tokyo "la verdad que fue un bajón", recoñece a que pretendía converterse en Xapón na deportista nacional con máis participacións olímpicas, Teresa Portela.
A padexeira foi protagonista este martes dunha videoconferencia, impulsada pola Real Federación Española de Piragüismo, baixo o título 'a lonxevidade na alta competición' na que repasou a súa longa traxectoria e os seus próximos obxectivos.
Pese ao pau que supuxo a decisión de aprazar os Xogos, Portela entende que "tenía que ser así" ante a alerta sanitaria global que supuxo o coronavirus. "Yo evidentemente quería que fuera este año, pero lo normal era aplazarlo. No podía ser unos Juegos en desigualdad".
"No siento que el entrenamiento es tirado pero sí que la temporada es incompleta", sinalou sobre a súa primeira sensación respecto diso, aínda que agora xa con tempo para dixerilo vese, aos seus 39 anos, con corda para manterse unha tempada máis na elite. "Ahora es el mismo reto pero en 2021, es cuestión de mentalizarse, y ya estoy mentalizada", sinalou a preguntas do director técnico da Federación Española, Ekaitz Saies.
En cando ao seu existosa traxectoria, con ata 15 medallas mundiais e 17 europeas, Tere Portela asegurou que os éxitos deportivos "saben de otra manera tras la maternidad".
Ademais repasou as súas cinco participacións olímpicas empezando por Sydney 2000, onde "no tenía presión", seguindo con Atenas 2004 coa sensación de "poder disputar una final olímpica", Pequín 2008, Londres 2012 onde "cometí un error y quedé cuarta" e os seus ata o de agora últimos Xogos, os de Río 2016 nos que "fui sexta y me supo como un oro" porque "sentía que eran los últimos".
Relacionadas:
-
Verducido acollerá o 9 de abril o Selectivo no que Teresa Portela debe confirmar a súa praza olímpica
Por Diego Espiño |
-
O adestrador Daniel Brage traballará en exclusiva con Teresa Portela na súa preparación dos Xogos de Tokyo
Por Redacción |
-
Teresa Portela protagoniza a primeira entrega dunha serie de promoción do deporte feminino
Por Redacción |
-
Canceladas as competicións nacionais de piragüismo ata o 27 de xuño afectando ás que se ían a celebrar en Pontevedra
Por Redacción |
-
Confirmada a nova data para os Xogos Olímpicos: do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2021
Por Redacción |
-
Oficial: Os Xogos Olímpicos pospóñense a 2021
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os deportistas de elite mostran a través das redes sociais os seus adestramentos na casa
Por Diego Espiño |