Clases de ximnasia online cos monitores de Bueu para levar mellor o confinamiento
Por Redacción
Son moitas as ideas que foron xurdindo para manter a forma física durante o confinamento e así non caer no sedentarismo.
Posto que todas as actividades tivéronse que suspender debido á alerta sanitaria, a única alternativa é seguir as clases a través de internet. Por iso, os monitores do Concello de Bueu, quixeron sumarse a esta iniciativa e imparten os seus coñecementos na canle de Youtube.
Polo momento hai catro vídeos: dúas sesións de aerobic con María Piñeiro, un de ximnasia de forza e resistencia con Juan R. Martínez e outro de pilates con Gonzalo Fernández. "O obxectivo é contribuír ofrecendo alternativas para que as persoas que o desexen poidan facer deporte de forma fácil nas súas casas", destaca o concelleiro de Deportes, Ricardo Verde.
Promovendo os hábitos saudables e aproveitando a boa acollida dos vídeos, iranse publicando máis propostas durante os próximos días, ademais de contidos de interese como cultura, deporte, medio ambiente, ou turismo.
Por último, o edil apunta que os monitores manteñen contacto telemático coas persoas usuarias das ximnasias, pero en especial coas de matrogimnasia e prenatal.
Relacionadas:
-
A música tamén pode aprenderse online e a Escola de Marín está a demostralo
Por Redacción |
-
VIDEO.- O motivador vídeo co que o Pontevedra Rugby Club reflexiona sobre os valores deste deporte
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Tras o #ApagónCultural, danza como refuxio para quedar na casa
Por Redacción |
-
Caldas Kids, unha comunidade virtual para que os nenos compartan propostas creativas
Por Redacción |