VÍDEO.- A 'I Concentración de Escolas de Rugby Confinada', creada por un xogador de 7 anos do Pontevedra Rugby Club
Por Redacción
A imaxinación dos máis pequenos non ten límites, e así o demostrou Javi Pichel.
O xogador do Pontevedra Rugby Club, de tan só 7 anos, tivo a gran idea de organizar a 'I Concentración de Escolas de Rugby Confinada' nunha data na que se debería estar a disputar nos campos da Xunqueira a Concentración Anual de Escolas de Rugby de Galicia.
O estado de alarma e as restricións sanitarias, impediron a celebración do evento que reúne cada ano a máis de 400 nenas e nenos dos clubs de rugby de Galicia, ademais do RCCG de rugby de Xixón, por iso, o pequeno xogador optou por realizar a súa propia festa deportiva coa axuda da súa familia.
Coa canción de 'Feo, Fuerte y Formal' de Loquillo, Javi ensínanos aos seus bonecos disputando un partido de rugby e a posterior celebración, e aproveita para incluír as mensaxes de #ÁnimoFamilia, #ElPCRSeQuedaEnCasa e #PlacaAlCoronavirus, para que a xente non perda a esperanza porque "este partido lo vamos a ganar juntxs".