Conclúe sen acordo a segunda xuntanza entre clubs e FEB para resolver o futuro da LEB Oro
Por Manu Otero
A decisión sobre como finalizar a tempada en LEB Oro aínda está no aire. Representantes dos 18 clubs e da Federación Española de Baloncesto mantiveron este luns un segundo encontro para analizar todos os escenarios e, a pesar de que a reunión serviu para seguir achegando pòsturas, aínda non acordaron unha solución á suspensión provocada polo estado de alarma.
Despois de dúas horas e media de debate, os participantes decidiron levantar a sesión e retomala o xoves co firme obxectivo de alcanzar un acordo definitivo. Fontes do Marín Ence Peixe Galego confirman que nalgúns puntos, como o fin da liga sen descensos, o acordo está próximo. Con todo aínda hai voces discordantes noutros asuntos relativos á competición, motivo polo que se citaron para un novo debate.
Representando ao equipo marinense, participaron na reunión Toño Casal e Andrés Otero, mentres que por parte da FEB estivo o director xeral Óscar Groefenhain e o secretario xeral, Gabriel Rodríguez da Paz Fernández. Nas súas quendas de palabra, o Peixe mostrouse partidario de dar por finalizada a liga regular por motivos económicos, sanitarios e loxísticos sen que se produzan descensos de categoría.
Relacionadas:
-
Satisfacción na Raña por dar por concluída a liga regular en LEB Oro
Por Redacción |
-
O Peixe Galego sálvase; a Liga LEB Ouro terminará sen descensos
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Mensaxe de ánimo do Peixe Galego aos seus afeccionados ante "o partido máis importante"
Por Redacción |
-
O Peixe Galego e o resto de clubs de LEB Ouro negocian como terminar a liga
Por Redacción |
-
Diego Gómez, adestrador do Peixe Galego: "Apostaría por una suspensión definitiva de la competición"
Por Diego Espiño |