Cisne e Teucro, "moi contentos" coa decisión da Federación de suspender a liga con ascensos e sen descensos
Por Almu Dapena
Despois de varias semanas de incerteza no balonmán español, a Federación Española tomou unha decisión. Tras consultar a clubs, árbitros, adestradores, xogadores e xogadoras e ao Consello Superior de Deportes, xa se decidiu e enviou a súa proposta á Comisión Delegada.
Desde o club branco están "encantadísimos" con esta decisión, e considérana a máis "justa", explica o seu presidente, Santi Picallo.
O Cisne conta cun 80% de vitorias en División Honra Prata, por iso Picallo cre "que se tomó una decisión salomónica atendiendo a las circunstancias de cada competición". Así mesmo, agradece a Asobal "su generosidad por ampliar el número de equipos para la temporada que viene".
Pola súa banda, no Teucro están "muy contentos". "Dar por finalizada la temporada era lo que pedíamos desde hace un mes", explica José Ameijeiras, membro da xunta xestora do club. Por iso cre que "la suspensión de la temporada es la mejor decisión".
Nestes momentos, só queda que a Comisión Delegada dea o visto e prace ao proxecto da Federación e comece a planear a tempada que vén establecendo as prazas de ascenso de cada categoría e, en caso de aprobarse, o Cisne militaría en Liga Asobal e o Teucro en División Honra Prata.
Relacionadas:
-
Irene Vilaboa é a elixida para dirixir o Teucro a próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
José Ameijeiras, directivo do Teucro, cre que a tempada 2020/2021 será "moi emocionante" para o club
Por Almu Dapena |
-
O Teucro e Luis Montes separan os seus camiños
Por Redacción |
-
Jabato: "Para min é un soño ascender o Cisne"
Por Diego Espiño |
-
É oficial, o Club Cisne ascende á Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
SD Teucro: 75 anos de historia e paixón polo balonmán
Por Almu Dapena |
-
Dobrar o seu orzamento e mudarse ao Pavillón Municipal, pasos obrigados do Cisne para competir en Asobal
Por Diego Espiño |
-
A Federación abre a porta ao ascenso do Cisne a Asobal e á permanencia do Teucro en Prata
Por Manu Otero |
-
Continuidade no corpo técnico do Cisne coa renovación de Quiños
Por Redacción |
-
Jabato e o Cisne amplían o seu vínculo para as dúas próximas tempadas
Por Manu Otero |