A "Carreira Máis Longa da Historia" que organiza a AECC chega esta fin de semana a Pontevedra
Por Redacción
A Asociación Española Contra o Cancro está a organizar A Carreira Máis Longa da Historia, unha cita virtual que comezou en Madrid o 19 de abril e chegará á provincia de Pontevedra entre o 3 e o 6 de maio. O obxectivo é axudar aos pacientes con cancro e aos seus familiares, ademais de frear o Covid-19.
Esta iniciativa pretende ser un movemento social que se realiza desde os fogares cunha tripla finalidade: protexer aos pacientes oncolóxicos fronte ao coronavirus, prestar apoio ás persoas afectadas polo Covid-19 e recadar fondos para seguir facendo fronte ao cancro.
Esta proba solidaria desenvolverase de forma virtual. O pistoletazo de saída está previsto para o domingo 3 de maio ás 11 horas a través dun vídeo en directo nas redes sociais da organización. A piragüista olímpica Teresa Portela será a madriña do evento e os fondos recadados destinaranse á liña de axudas económicas que activou a asociación pontevedresa para paliar os efectos sociais que están a sufrir as familias máis vulnerables.
A actividade deportiva durante estes días estará complementada con sesións de baile coa colaboración da academia Ponche Baile, un taller de percuterapia con Pedro Campos ou un concerto de música no que participarán varios artistas galegos.
Para participar nesta carreira os interesados xa poden inscribirse a través da páxina web www.aecc.es/es/la-carreira-mais-longa/pontevedra. Unha vez realizada a inscrición, os matriculados recibirán o dorsal solidario no seu correo electrónico, co que convidar a sumar máis persoas subindo un vídeo ás súas redes sociais, etiquetando a @aeccpontevedra e utilizando o hashtag #LaCarreraMásLarga.
Relacionadas:
-
Rutas Saudables para reducir o risco de cancro promovidas pola AECC e a Concellería de Deportes
Por María José Pita |
-
RADIO.- "Estamos nunha crise sanitaria mundial sen precedentes, pero o cancro tamén é unha emerxencia sanitaria"
Por Marisa Ciordia |
-
O IES Valle Inclán busca recadar fondos para os nenos de Uganda a través da carreira 'Eu Corro Por'
Por Almu Dapena |
-
A Asociación contra o cancro reabre a súa sede en Pontevedra
Por Redacción |
-
A AECC de Pontevedra supera as 1.500 intervencións desde o inicio da corentena
Por Redacción |
-
Máis de 700 persoas e 70 voluntarios participarán na Ruta Montes e Praias
Por Redacción |
-
Pontevedra volverá saír á rúa o 6 de outubro para loitar contra o cancro
Por Manu Otero |