O PP solicita a suspensión das taxas polo uso das instalacións municipais deportivas ata fin de ano
Por Redacción
O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra e responsable da área de Deportes, Guille Juncal, rexistrou este sábado no Concello unha petición na que solicita a suspensión da taxa polo uso de instalacións deportivas municipais ata final de ano a todos os clubs da cidade.
O coronavirus obligou a varios clubs da cidade a parar a súa actividade deportiva e en moitos casos atrasar ou suspender certos eventos, traslada Juncal, que detalla esta situación como "golpeou de cheo na xa de seu delicada situación económica do noso deporte local".
Moitas federacións decidiron finalizar as súas competicións e moitos clubs de Pontevedra tiveron que cancelar ou pospoñer eventos "que supoñían un gran empuxón económico", argumenta.
É por iso, que a medida que expón e considera como unha "responsabilidade", é "tender a man ao deporte local e aliviar o pago dunha taxa por un servizo que nos últimos meses non utilizaron”.
O edil traslada que, aínda que valoran positivamente esforzo que están a facer os traballadores do Servizo Municipal de Deportes, consideran "necesario que o Concello tome medidas máis ambiciosas para contribuír á recuperación económica do noso deporte local”, rematou Juncal, que compartiu a proposta con diferentes clubs de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O PP solicita protocolos para garantir a seguridade e hixiene das instalacións deportivas
Por Redacción |
-
O PP de Pontevedra propón ceder o material municipal aos deportistas profesionais da cidade
Por Redacción |
-
Poio suspende pagos tributarios para paliar o impacto económico do coronavirus
Por Redacción |
-
Pontevedra modificará o proyecto do skatepark para adaptalo á nova normativa
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O Concello traballa nunha nova normativa que regule as instalacións deportivas e as taxas polo seu uso
Por Redacción |