Semana decisiva para coñecer o futuro da Segunda B
Por Diego Espiño
A marxe esgótase e os clubs que militan na Segunda División B e na Terceira División esperan coñecer esta mesma semana cal será o futuro das súas competicións. Esa é a idea polo menos da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), que pretende anunciar a súa decisión nos próximos días.
Está previsto que o presidente federativo, Luis Rubiales, reúnase primeiro coa súa Xunta Directiva para avanzar nunha decisión que deberá ser ratificada despois pola Comisión Delegada, aínda que a postura da xunta será decisiva.
A intención por parte da RFEF sigue sendo firme na idea de permitir os ascensos de categoría e eliminar os descensos a pesar da oposición dos clubs, entre eles o Pontevedra, a que os ascensos se decidan nun play-off exprés cos 4 primeiros clasificados.
Outra posibilidade que gaña peso é a de premiar directamente aos catro líderes de grupo (Atlético Baleares, Logroñés, Castellón e Cartagena) ante a dificultade que supoñería a volta aos adestramentos nunha categoría semiprofesional, cun custo importante para cumprir o protocolo sanitario e tendo en conta o complicado que sería disputar estas fases de ascenso antes do 30 de xuño, data de finalización dos contratos dos futbolistas.
A raíz da proposta defendida por Rubiales, que ampliaría o número de equipos na categoría de bronce, chegaron a xurdir nos últimos días moitos outras formulacións, con clubs agrupados en torno ao proxecto de reestruturar a categoría creando unha Segunda B PRO cos 40 mellores equipos (repartidos en dous grupos) na que entrarían os granates a próxima campaña, ou a creación da demandada liga de filiais.
Con todo todo segue no aire ante a reticencia dos clubs que senten agraviados e a posibilidade de que algúns impugnen a decisión federativa. Neste sentido a pelota está en mans do Goberno, que debería dar cobertura legal ao cambio da regulamentación que necesitaría realizar a RFEF. A decisión definitiva, ao fin, parece cuestión de días.
Relacionadas:
-
A Federación Galega prevé retomar o fútbol rexional en outubro
Por Manu Otero |
-
A RFEF resolve a 2ª B e Terceira sen descensos e cunha fase de ascenso exprés para os catro primeiros de cada grupo
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra non podería volver aos adestramentos ata a fase 2 da desescalada
Por Diego Espiño |
-
A Segunda División B, nunha encrucillada
Por Diego Espiño |
-
Liga de filiais ou un novo nivel cos 16 equipos de playoff, outras propostas de futuro para a Segunda B
Por Manu Otero |
-
Propoñen crear unha Segunda B PRO na que competiría o Pontevedra a próxima tempada
Por Alejandro Espiño |
-
Louzán alíñase con Rubiales e considera que un playoff exprés para 2ª B e Terceira é a opción "menos lesiva"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra pide a cancelación da competición "para todos" ao ver "inxusta" a proposta de permitir ascensos
Por Diego Espiño |
-
A RFEF abre a porta dar por finalizadas as ligas en 2B, Terceira e Fútbol Sala sen descensos e un play-off express
Por Diego Espiño |