ÿxito internacional do pontevedrés Pablo Dapena, segundo na Copa Panamericana de Tríatlon en Bahía Inglesa (Chile)
Por Alejandro Espiño
Seguen os éxitos para o triatlón galego. E esta vez o protagonista é o pontevedrés Pablo Dapena González. O triatleta de 25 anos quedou en segunda posición na penúltima proba da Copa Panamericana de Tríatlon celebrada na localidade chilena de Bahía Inglesa. Parou o crono en 1:50.00, un tempo que lle permitiu subirse por primeira vez a un podio dunha proba de carácter internacional.
O inicio de Pablo Dapena na proba foi insuperable. Marcou un bo ritmo desde o principio e logrou un bo parcial de natación que lle fixo saír en primeira posición. Nadou os 1.500 metros en 18:40, dous segundos máis rápido que o chileno Felipe Van De Wyngard. Mantívose nos primeiros postos nos 40 quilómetros do segmento ciclista que completou en 58:00 minutos exactos, o sexto mellor tempo.
Esa lixeira desventaxe coa cabeza liquidouna cun magnífico segmento de carreira a pé. Os seus 32:11 nos 10 quilómetros tan só foron superados polo que finalmente alzaríase co triunfo na proba, o brasileiro Juraci Moreira. Pablo Dapena foi segundo na liña de meta e o podio completouno o o chileno Felipe Van De Wyngard.
Este gran resultado internacional de Pablo Dapena súmase ao sexto posto logrado o pasado 18 de maio nunha proba da Copa de África de tríatlon sprint, disputada na cidade de Larache (Marruecos).
El mesmo celebraba así o seu segundo posto en Bahía Inglesa a través da súa conta en Twitter.
Quien me lo iba a decir hace 3 años cuando empecé.Mi 1er podium internacional ITU.2o en Bahía Inglesa Panamerican Cup pic.twitter.com/Weh55GdaW8
Pablo Dapena Gonzale (@pablitopiny) August 4, 2013
O próximo 13 de outubro disputarase en Porto Rico a última das probas desta Copa Panamericana 2013.