Santi Picallo reparte o mérito dunha fazaña que "parecía inalcanzable" entre todos os que formaron parte do Cisne
Por Manu Otero
O Cisne debutará a próxima tempada na máxima categoría do balonmán español. A pandemia do coronavirus obrigou a suspender a competición e privou ao equipo pontevedrés de celebrar o éxito cara ao que camiñaba con paso firme na cancha. Pero o presidente da entidade, Santi Picallo, quixo facer pública unha carta de agradecemento a todos os actores que participaron e fixeron posible esta fazaña.
"O día 4 de maio do 2020 será unha data que lembraremos todos os cisneístas dunha maneira especial o resto das nosas vidas. O noso primeiro equipo ascende á máxima categoría do balonmán español e estaremos entre os 18 mellores clubs de España, representando a Pontevedra e Galicia", comeza o escrito, no que lembra a figura do Manuel Corrochado, fundador do Cisne hai 56 anos, e de todos os directivos que lle sucederon.
Continúa Picallo agradecendo o labor dos técnicos, delegados e fisioterapeutas que contribuíron co seu traballo para conseguir unha meta que "hai uns anos parecía inalcanzable e que só ten unha cualificación pola miña banda: extraordinaria”.
Non esquece tampouco aos auténticos protagonistas. "Un grupo excepcional de xogadores galegos e pontevedreses que desde a máxima humildade, deportiva e económica, corresponderon ao club cun enorme esforzo e interese sacrificando o seu tempo libre, traballo e estudos", subliña Picallo, situando a estes xogadores como "un exemplo de superación deportiva e de sentimento de club" para a base, socios, afeccionados e patrocinadores do Cisne.
Despois de referirse a todos os xogadores, técnicos, auxiliares, delegados, directivos, colaboradores, institucións e patrocinadores que contribuíron ao crecemento da escuadra pontevedresa, Santi Picallo concluíu a súa carta expresando a súa desexo de que "todos os cisneístas gocen enormemente deste ascenso á liga Asobal e que poidan celebralo connosco ao longo da tempada 2020/21. Esperámosvos".
Relacionadas:
-
Unha celebración do ascenso a Asobal en diferido para o Cisne
Por Manu Otero |
-
Ao Cisne espéralle unha Asobal de 34 xornadas e varios partidos entre semana
Por Diego Espiño |
-
O lateral Pablo Gayoso, quinta renovación do Cisne
Por Redacción |
-
Jorge Villamarín seguirá defendendo a portería do Cisne na Liga Asobal
Por Redacción |
-
Dani López, o seguinte en renovar e aceptar o reto de Asobal co Cisne
Por Redacción |
-
Segundo xogador que renova co Cisne: o extremo Jose Leiras
Por Redacción |
-
Así finalizará a liga galega de balonmán polo coronavirus
Por Redacción |
-
O cisneísta Álvaro Preciado seguirá vestindo de branco a próxima tempada
Por Redacción |
-
Jabato: "Para min é un soño ascender o Cisne"
Por Diego Espiño |
-
É oficial, o Club Cisne ascende á Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Dobrar o seu orzamento e mudarse ao Pavillón Municipal, pasos obrigados do Cisne para competir en Asobal
Por Diego Espiño |