A RFEF resolve a 2ª B e Terceira sen descensos e cunha fase de ascenso exprés para os catro primeiros de cada grupo
Por Manu Otero
O futuro da Segunda B e a Terceira División xa está decidido. A falta da aprobación definitiva por parte da Comisión Delegada da RFEF, que ten previsto reunirse este xoves, as ligas regulares destas categorías daranse por terminadas.
Non haberá descensos pero si ascensos, que se resolverán por un sistema de play- off exprés no que participarán os catro primeiros clasificados de cada grupo no momento no que a crise sanitaria obrigou a paralizar a competición.
Sen descartar novos cambios provocados pola evolución da pandemia e as recomendacións de Sanidade, na categoría de bronce a fase de ascenso celebrarase nunha sede única e a partido único. Os cruces realizaranse segundo os disposto na actual normativa.
Os primeiros clasificados enfrontaranse entre se e de aí sairán os dous primeiros ascensos. O resto de equipos mediranse en eliminatorias directas, con repesca para os dous primeiros eliminados na primeira rolda, das que sairán os outros dous billetes para a Segunda División.
Con esta decisión, a participación do Pontevedra na presente tempada queda finalizada, polo que o club que preside Lupe Murillo debe centrarse xa na confección do persoal da campaña vindeira.
En Terceira División os catro primeiros clasificados de cada grupo enfrontaranse entre si en eliminatorias directas a partido único. Con este sistema está asegurado o ascenso como mínimo dun equipo galego. Compostela, Ourense CF, Arosa e Barco enfrontaranse en dúas semifinais e unha final por unha praza en Segunda B. Un sistema que se repetirá nos outros 17 grupos da categoría.
As datas para a disputa destas fases de ascenso non están aínda fixadas, pero desde a RFEF calculan que terán lugar dous ou tres semanas despois do regreso do fútbol profesional. Todos os partidos destas fases de ascenso celebraranse sen afluencia de público e os horarios dos encontros acordaranse conxuntamente coas federacións territoriais para garantir a saúde dos participantes.
Con todo, a RFEF ten previsto para a próxima tempada unha Segunda B de cen equipos repartidos en cinco grupos. Por iso son precisos dous ascensos adicionais desde a Terceira que a RFEF ten previsto adxudicar "entre os primeiros clasificados que non ascendesen, a RFEF buscará o sistema de competición para asignar as dúas prazas adicionais", din sen aclarar os criterios para adxudicar estas dúas prazas.
Os cambios no sistema de competición da categoría de bronce do fútbol español empezarán a aplicarse a partir do próximo curso. Así, a tempada 2020-2021, a Segunda B comezará con cen equipos divididos en cinco grupos.
Con todo, a Federación prevé que a tempada vaia a ser "algo inferior ao habitual" polo que recomendan o formato de subgrupos cunha fase final na que se reagrupen de novo aos equipos por posicións. "Proximamente daranse máis detalles", sinalan no comunicado publicado este mércores á primeira hora da tarde.
Terminada a tempada 20/21, e unha vez aplicados os ascensos e descensos de Segunda División A, crearase unha nova categoría coa súa propia competición na tempada 21/22 entre Segunda División A e Segunda División B con dous grupos de 20 equipos, a xa coñecida como Segunda B PRO.
Relacionadas:
-
A Federación Galega prevé retomar o fútbol rexional en outubro
Por Manu Otero |
-
Os test de coronavirus previos aos play-off serán de balde para Arosa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
O Arosa planea retomar os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |
-
O Pontevedra traslada ao presidente da RFEF, Luís Rubiales, a súa desconformidade coa resolución da Segunda B
Por Manu Otero |
-
Entrar na Segunda B PRO, toda unha necesidade para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Así queda a Copa da Raíña para o Poio Pescamar e os play-off de O Fisgón e Leis
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, clasificado para a próxima edición da Copa do Rei... de momento
Por Diego Espiño |
-
Os equipos galegos de Segunda B "probablemente non estean no mesmo grupo" a próxima tempada, asegura Louzán
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol, pendente da decisión da RFEF para actuar sobre as competicións autonómicas
Por Redacción |
-
Semana decisiva para coñecer o futuro da Segunda B
Por Diego Espiño |
-
A Segunda División B, nunha encrucillada
Por Diego Espiño |
-
Liga de filiais ou un novo nivel cos 16 equipos de playoff, outras propostas de futuro para a Segunda B
Por Manu Otero |
-
Louzán alíñase con Rubiales e considera que un playoff exprés para 2ª B e Terceira é a opción "menos lesiva"
Por Manu Otero |
-
A RFEF abre a porta dar por finalizadas as ligas en 2B, Terceira e Fútbol Sala sen descensos e un play-off express
Por Diego Espiño |