Final de tempada para o Poio Pescamar e playoff exprés para Leis e O Fisgón
Por Manu Otero
A RFEF, do mesmo xeito que fixo co fútbol 11, propoñerá á Comisión Delegada, que ten previsto reunirse este xoves, dar por finalizadas as ligas regulares de ámbito nacional de fútbol sala tanto masculino como feminino sen descensos pero si con ascensos en cada unha das categorías.
No caso da máxima categoría do fútbol sala feminino, a RFEF dá por finalizada a liga regular e o título resolverase, como estaba previsto, nunha final a catro entre os mellores clasificados. Nesta fase final non estará o Poio Pescamar, que por un mal inicio do 2020 caeu da zona nobre da clasificación, polo que a tempada está acabada para o cadro conserveiro, que espera poder disputar a fase final da Copa da Raíña, sobre cuxo destino a RFEF aínda non se pronunciou.
No caso da Segunda División B masculina e a Segunda Divisón feminina na que o Leis e o Fisgón, respectivamente, marchaban en segunda posición nos seus grupos. A Federación propón a disputa da fase de ascenso prevista no normativa pero nun formato exprés.
Relacionadas:
-
Antía Pérez, do Poio Pescamar, preparada para volver á cancha tras a súa operación de xeonllo
Por Redacción |
-
Iria Saeta, primeira saída nun Poio Pescamar que empeza a planificar a próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |
-
Así queda a Copa da Raíña para o Poio Pescamar e os play-off de O Fisgón e Leis
Por Diego Espiño |
-
O Fisgón contrata un preparador físico para preparar o playoff
Por Manu Otero |
-
A Federación Galega de Fútbol, pendente da decisión da RFEF para actuar sobre as competicións autonómicas
Por Redacción |
-
O Poio asume o fin da liga e espera xogar a final da Copa da Raíña en pretemporada
Por Manu Otero |