Como finalizar as competicións autonómicas, dúbida da Federación Galega de Fútbol
Por Redacción
A Federación Galega de Fútbol anunciou este sábado, que consultou á Asemblea Xeral os criterios e directrices sobre como finalizar as competicións autonómicas da tempada 2019/2020.
Dita consulta, que se realizará de maneira escrita ante a imposibilidade de facela presencialmente, xa foi enviada aos asembleístas, que terán de prazo ata o 25 de maio para responder comunicando as súas votacións. Nese momento, a Comisión Delegada reunirase para decidir sobre as bases e normas de competición que rexerán a resolución das competicións, e por último, o Comité de Competición aplicaraas a cada unha das categorías do fútbol galego.
Desta maneira, a RFGF comunicará ao longo da última semana deste mes, como se resolverán cada unha das competicións.
Por último, desde a Federación lembran que o presidente e os membros da Xunta Directiva, mantiveron reunións con todos os clubs galegos de Segunda B, Terceira Galicia, os equipos das categorías femininas e con practicamente todos da especialidade de fútbol sala e fútbol gaélico, así como os Comités de Fútbol Basee e Fútbol Afeccionado.