Fase 2 de desescalada no deporte: Arosa, Leis, e O Fisgón, coa mente posta nos play-off de ascenso

Por Almu Dapena
A fase dúas de desescalada está cada vez máis preto, o que supoñerá maior flexibilidade para os deportistas de equipos profesionais e non profesionais en canto á práctica da actividade deportiva.
Desta maneira, no capítulo IX do Boletín Oficial do Estado (BOE) na súa publicación do sábado 16 de maio, se especifica como serán as "condicións nas que debe desenvolverse a actividade deportiva" a partir do luns 25 de maio, no caso de que Pontevedra pase de fase.
Dentro deste apartado, recóllese que o adestramento básico en ligas non profesionais federadas estará "dirixido a unha modalidade deportiva específica, de maneira individual, e cumprindo coas medidas de prevención e hixiene". Así mesmo,
Esta medida afecta directamente a equipos como o Arosa, O Fisgón e o Leis, que xa pensan na fase de ascenso.
No caso do Arosa, será nunha sede neutral sen público e a partido único. As semifinais xogaraas o primeiro clasificado contra o cuarto (Compostela-Barco), e o segundo contra o terceiro (Ourense CF-Arosa).
O Fisgón, en cambio, xogarase o ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino en casa do líder do grupo, o Viaxes Amarelle de Coruña. Primeiro terán que disputar unha elimitoria contra as terceiras da clasificación, o Valdetires Ferrol, e o equipo vencedor disputará o ascenso fronte ás coruñesas.
Pola súa banda, o Leis terá que enfrontarse ao terceiro clasificado, o Albense. En caso de avanzar, enfrontarase ao gañador do partido entre o Benavente (actual líder do grupo I) e O Esteo.
En canto ao adestramento total ou pre-competición en ligas profesionais, permitiranse "os traballos tácticos exhaustivos, que inclúan accións conxuntas en grupos de varios deportistas ata un máximo de catorce persoas".
Estas tarefas, deberanse desenvolver por quendas, tratando de evitar superar o cincuenta por cento da capacidade da instalación para os deportistas. Poderá asistir o persoal técnico necesario, persoal de apoio e utillero imprescindible. Os vestiarios poderán utilizarse, e tamén se poderán facer reunións técnicas de traballo cun máximo de 15 participantes, incluíndo ao técnico e gardando a distancia de seguridade.
Os árbitros, pola súa banda, deberán seguir as condicións aplicadas ás instalacións deportivas ao aire libre e pechadas.
Por último, os deportistas non federados poderán realizar adestramentos de forma individual, en espazos ao aire libre, dúas veces ao día, entre as 6:00 horas e as 10:00 horas e entre as 20:00 horas e as 23:00 horas, e dentro dos límites da provincia na que teñan a súa residencia.
Relacionadas:
-
Arosa, Leis e O Fisgón formalizan a súa inscrición para os play-off de ascenso
Por Redacción |
-
Alfonso Fernández Paz adestrará ao primeiro equipo feminino do Leis
Por Redacción |
-
Os test de coronavirus previos aos play-off serán de balde para Arosa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
O Arosa planea retomar os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba
Por Redacción |
-
O Fisgón, a dúas vitorias do soño de xogar en primeira
Por Redacción |
-
Os box de crossfit serán os primeiros centros de adestramento en abrir en Pontevedra
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |
-
Así será a fase 2 da desescalada: apertura de cinemas e teatros, gozar das praias e ata celebración de vodas
Por Diego Espiño |
-
Permitido o uso de piscinas e praias para a práctica deportiva na fase 2 de desescalada
Por Almu Dapena |
-
As praias están pechadas para calquera actividade que non sexa pasear ou facer deporte
Por Oskar Viéitez |
-
Así queda a Copa da Raíña para o Poio Pescamar e os play-off de O Fisgón e Leis
Por Diego Espiño |
-
O Fisgón contrata un preparador físico para preparar o playoff
Por Manu Otero |
-
A RFEF abre a porta dar por finalizadas as ligas en 2B, Terceira e Fútbol Sala sen descensos e un play-off express
Por Diego Espiño |