A comunidade granate imponse nunha enquisa en Twitter e a TVG repoñerá o partido do ascenso a 2ª B
Por Manu Otero
A falta de fútbol, bos son recordos. Desde que as competicións deportivas foron suspendidas por motivo da pandemia do Covid-19, a Televisión de Galicia iniciou unha serie de retransmisións deportivas históricas que terá continuidade este sábado coa emisión, a partir das 20 horas, do partido entre Pontevedra e Haro en Pasarón que supuxo o regreso dos granates á división de bronce do fútbol español.
A decisión de emitir este encontro tomouse despois dunha enquisa no perfil de Twitter do programa En Xogo, da televisión autonómica, na que animaba aos seus seguidores para elixir entre catro partidos decisivos dos equipos galegos con maior historia do fútbol non profesional. Os votos dos seguidores granates, un 31,5 % do total, serviron para programar o partido de volta da última eliminatoria polo ascenso da Terceira División da tempada 2014/2015.
O resultado da enquisa deixa o partido @PontevedraCFSAD -Haro como o máis votado co 35,5% dos votos. Poderedes velo o próximo sábado ás 20:00 https://t.co/0Hz5k96UaL
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 18, 2020
En segundo lugar quedou o CD Ourense - Laudio, da 2011/2012, co 29,7 %; e no terceiro o Cieza - Compostela, da 2012/2013, cun 21,1 %. O menos votado foi o Xaén - Racing de Ferrol da 2018/2019 co 19 % dos votos.
Non é a primeira vez que o tirón do Pontevedra entre a audiencia da TVG sirve para condicionar a programación da canle autonómica, pois En Xogo xa consultou aos seus seguidores sobre a reposición doutras citas históricas do cadro de Pasarón resultando gañador o partido de ascenso a Segunda División en Pasarón contra o Lorca.
A diferenza esta vez foi que a disputa era con momentos históricos doutros equipos galegos cos que o Pontevedra compartiu categoría durante moitas tempadas.
Relacionadas:
-
O Pontevedra repartirá máscaras personalizadas entre os socios
Por Redacción |
-
A afección do Pontevedra 'revive' o ascenso a Segunda de 2004
Por Diego Espiño |
-
E o gañador é... Pontevedra-Lorca do ano 2004, o ascenso a Segunda División
Por Redacción |
-
Ascenso contra o Lorca, play-off en Oviedo ou Copa ante o Zaragoza: Que partido do Pontevedra gustaríache revivir?
Por Diego Espiño |
-
Merece algún gol do Pontevedra coarse entre os mellores do curso na Segunda B?
Por Diego Espiño |