Desescalada no deporte: así viviron os atletas da Gimnástica os seus primeiros adestramentos no exterior
Por Redacción
A volta primeiro do deporte ao aire libre con restricións, e despois a maior flexibilidade que se lle foi dando aos atletas, especialmente de elite, fíxolles poder ir incrementando a intensidade dos adestramentos para recuperar na medida do posible o seu estado de forma.
Foi un proceso gradual, para previr principalmente as lesións, e que desde a Sociedad Gimnástica valoran agora algúns dos seus deportistas.
"Agora as sensacións son como dunha pretemporada" asegura o mediofondista Carlos Porto, quen "na primeira semana sufrín máis maniotas sobre todo na parte dos cuádriceps, porque correr non puiden correr moito durante o confinamento".
Ahora nuestrxs atletas ya empiezan a salir fuera @CarlosPorto_11 #atletismo #athletics #SGP1927 #lasgpsequedaencasa #visitpontevedra #turismopontevedra @pontevedrate @DeportesPO @VisitPontevedra pic.twitter.com/ny0EyRy0QM
— Sociedad Gimnástica (@SGimnastica) May 22, 2020
Coincide con el a marchadora internacional Antía Chamosa, ao recoñecer que "as primeiras semanas foron de bastantes maniotas, xa que a pesar de que durante a corentena tiña cinta ou bici non é o mesmo que saír a adestrar".
O seu irmán Daniel Chamosa pola súa banda, a quen o confinamento lle chegou tras un parón obrigado por sufrir un neumotórax, ve tamén a ocasión como unha oportunidade de "traballar os puntos débiles que temos, esas cousas que non podemos facer cando estamos en tempada e agora podémoslle dedicar máis tempo".
O peche foi duro, pero si é certo que algunhas disciplinas puideron recuperar antes a súa normalidade. É o caso dos fondistas como Manuel Hurtado, subcampión de España de maratón. Para el "os fondistas temos a sorte que desde o primeiro momento que nos deixaron saír a facer algo de deporte estabamos no noso hábitat".
Non foi así por exemplo para un saltador como Anxo Blanco, ao non poder adestrar aínda nunha pista de atletismo. Por iso acudiu en ocasións á praia buscando na area sensacións similares ás do foso: "sobre todo o que estou a facer é máis mantemento xeral que adestramento específico dun saltador. Ás veces si que vou á praia para non esquecerme, pero é máis un tema de manter a forma para cando abran as pistas estar o menos oxidado posible".
Son algúns dos exemplos de integrantes dun club que, como todos, aspira a recuperar canto antes a normalidade para volver ao seu hábitat natural, a competición.
Relacionadas:
-
Un estudo de Ciencias da Educación e do Deporte alerta do perigo da falta de actividade durante o confinamento
Por Redacción |
-
O "raro" regreso dos atletas da Gimnástica á pista do CGTD
Por Redacción |
-
O Medio Maratón de Pontevedra non quere faltar á súa cita e anuncia a súa XXV edición para o 18 de outubro
Por Diego Espiño |
-
Deporte sen franxas horarias e en grupos de ata 20 persoas na fase 3 de desescalada
Por Almu Dapena |
-
Os atletas da Gimnástica retoman os adestramentos en grupo
Por Redacción |
-
Víctor Gallego: "Faríame ilusión ser o capitán da Gimnástica cando o equipo faga os 100 anos"
Por Redacción |
-
Temor na Gimnástica a que o coronavirus obrigue a reformular eventos como a San Silvestre
Por Manu Otero |
-
O confinamento é equiparable a "unha lesión común para todos de longa duración", asegura Santiago Ferrer
Por Diego Espiño |