Barbadás acolle con emoción a visita do Pontevedra
Por Diego Espiño
A visita do Pontevedra será un momento histórico para a Unión Deportiva Barbadás. O equipo ourensano, con tan só 14 anos de vida, estréase na Terceira División esta tempada despois de dous anos en Segunda Rexional, tres en Primeira e o paso pola Rexional Preferente, na que chegou a disputar tres fases de ascenso.
"ÿ circunstancial que poidamos competir con eles, o Pontevedra ten que estar noutra categoría"
Un motivo de orgullo para o seu presidente, José Manuel Fernández, "hai moita ilusión na vila, é un premio para un concello de casi 10.000 habitantes xogar contra equipos coma o Ferrol ou o Pontevedra. ÿ unha honra recibir agora ao Pontevedra, sabemos que é circunstancial que poidamos competir con eles, non porque nós esteamos en Terceira, senón porque o Pontevedra ten que estar noutra categoría".
O do Barbadás foi un traxecto frenético pero tamén un traballo a conciencia con especial atención á base. Arrancou coa fusión coa Agrupación Deportiva Parga-Piñor e foi crecendo ata contar cun total de 16 equipos, 13 en categorías inferiores, dende idade prebenxamín a xuvenil (infantil, cadete e xuvenil compiten na Liga Galega), pasando por un filial, o primeiro equipo e un conxunto feminino que disputa a Primeira División autonómica.
Como chegar
Barbadás está situado aos arredores da cidade de Ourense. O campo municipal de Os Carrís atópase na Valenzá, ao pé da autovía A-52 tras circunvalar a capital da provincia.