O Arosa lucirá dorsais fixos nos partidos de play-off a Segunda B
Por Redacción
O ascenso a Segunda B está a un paso, e para celebrar a cita tan importante, os xogadores do Arosa lucirán camisetas novas con dorsal fixo e o nome correspondente de cada un durante os partidos de play-off.
Os xogadores que disputarán o ascenso cos seus respectivos dorsais serán: Manu Táboas (1), Adrián (2), Cotilla (3), Iago Mtnz (4), Pacheco (5), Suso M. (6), Javi Otero (7), M. Rodríguez (8), Beda (9), Julio Rey (10), Jorge Sáez (11), M. Diestre (13), A. Trapero (14), R. Mariñán (17), Sidi (18), Mon Glez (20), Rober (21), J. Fontán (22), Pedro García (23), J. Sanabria (24), Sergio Catú (25) e os xuvenís Antón Durán e Pablo Rial.
Ademais, estas camisetas poderanse adquirir desde o 1 de xuño ata o 10 de xuño contactando directamente co club.
Os presentamos las nuevas camisetas @gios_teamwear donde nuestros jugadores lucirán dorsal fijo en la fase de ascenso a Segunda B. Para nuestros socios y simpatizantes si queréis adquirir una podréis hacerlo tanto en el Club o por mensaje en nuestras redes sociales pic.twitter.com/Ac0XB12RFw
— AROSA SC (@AROSASCOFICIAL) May 29, 2020
Pola súa banda, os de Rafa Sáez retomarán os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba, e agardan coñecer a sede na que disputará os partidos de play-off o vindeiro luns durante a reunión que terán os 4 equipos co presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.
Desta maneira, o Arosa irase mentalizando para a fase de ascenso que terá o seu primeiro partido, se a pandemia permíteo, o 18 ou 19 de xullo ante o Ourense CF e cuxa final se xogará o 25 de xullo ante o vencedor do Compostela-Barco.
Relacionadas:
-
Rafa Sáez: "La afición está muy volcada, la gente pregunta por las calles, habla y contagia a todo el equipo"
Por Almu Dapena |
-
Pacho Oliveira, novo director deportivo da base no Arosa
Por Redacción |
-
Oficial: O Arosa xogará o ascenso a Segunda B no estadio vigués de Balaídos
Por Redacción |
-
O Fisgón e Leis, primeiros equipos galegos en someterse aos test de Covid-19
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Arosa, Leis e O Fisgón formalizan a súa inscrición para os play-off de ascenso
Por Redacción |
-
Balaídos, primeira opción para disputar o play-off de ascenso a Segunda B
Por Redacción |
-
Os test de coronavirus previos aos play-off serán de balde para Arosa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
O Arosa planea retomar os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |