A Volta Ciclista a Zamora, proba de lume para o Froiz tras o confinamento
Por Almu Dapena
O regreso á competición está máis preto para os ciclistas do Froiz, que teñen ao virar a esquina a súa primeira proba despois do confinamento polo coronavirus. Será na Volta Ciclista a Zamora, que se celebrará do 14 ao 18 de xullo na cidade de Castela e León.
Por iso, desde o club xa se están mentalizando para o regreso á normalidade e contactaron cos deportistas que competirán "para hacerlo en las mejores condiciones", afirma o director do Froiz, Evaristo Portela.
Aínda que o grupo traballou ben durante o confinamento, aínda falta preparación. "Están entrenando fuerte de base para después hacer un entrenamiento más específico y prepararse para lo que vaya saliendo", explica Portela, que ve no cambio de rodete a estrada unha novidade para os ciclistas.
Con todo, "esto es para todos y nos pondrá a prueba". "Hay mucha calidad y van a competir en buen estado de forma", asegura.
En canto ás expectativas de competición, despois da Volta a Zamora os ciclistas do club pontevedrés volverán disputar a Copa a España da que xa se celebrou o Circuito do Guadiana e o Trofeo Guerrita, e onde o elite Víctor Manuel Romero foi o mellor clasificado para o Froiz cun posto 23.
Así mesmo, o director do Froiz ve na Volta a Galicia, da que non hai ningunha proba confirmada para a súa celebración, unha boa oportunidade para demostrar a boa preparación dos deportistas.
Calendario Copa a España
Aínda que a tempada é máis curta que as anteriores, aínda quedan nove carreiras por celebrarse, segundo publicou a Real Federación Española de Ciclismo nun calendario provisional. As probas serán:
- 9 de agosto a IX Copa Valladolid Memorial Ángel Lozano (Valladolid)
- 16 de agosto o LXVII Gran Premio Primavera en Ontur (Albacete)
- 8 de setembro o Memorial Pascual Momparler en Villanueva de Castelló (Valencia)
- 17 de setembro a 58 Clásica de Pascua en Padrón (A Coruña)
- 27 de setembro a 87 Santikytz Klasika en Legazpi (Guipúscoa)
- 4 de outubro a 36 Clásica Cidade de Torredonjimeno Copa de España, en Torredonjimeno (Xaén)
- 10 de outubro o XVII Aiztondo Klasikoa- P. Alkorta Memoriala en Asteasu (Guipúscoa)
- 11 de outubro 49 Memorial Valenciaga, en Eibar
- 18 de outubro XXII Gran Premio Macario - Ayto de Alcalá de Henares (Madrid)
Relacionadas:
-
O Froiz elixe formación para regresar á competición en Zamora
Por Redacción |
-
Test de rendemento no Froiz como paso previo á volta á competición
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz concéntrase en Manzaneda para preparar o inminente regreso das carreiras
Por Redacción |
-
4 horas de rodete ao día e unha alimentación moi coidada, así son os adestramentos do Supermercados Froiz
Por Almu Dapena |
-
Unha caída no pelotón aparta ao Froiz da loita pola vitoria na segunda proba da Copa de España
Por Redacción |
-
O Circuito do Guadiana resísteselle ao Froiz no inicio da Copa de España
Por Redacción |