Carlos Herrera posa coa "elegantísima" camiseta do Pontevedra
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol sumou este xoves un novo e inesperado admirador, o afamado xornalista radiofónico Carlos Herrera.
O condutor de Herrera en Cope afai pousar con camisetas deportivas e compartir esas fotos en redes sociais, e esta vez tocoulle a quenda á granate.
"Viva el Pontevedra", sinalou antes de recoñecer que se trataba dunha "elegantísima zamarra" que quedaba como unha luva por ser "de mi talla".
Viva el PONTEVEDRA. Elegantísima zamarra. Y de mi talla. Gracias Amalita Enríquez pic.twitter.com/QkHiSbQdFn
— carlos herrera (@carlosherreracr) June 4, 2020
Foi a xornalista pontevedresa Amalia Enríquez a que lle proporcionou a camiseta oficial do Pontevedra, concretamente a utilizada durante a tempada recentemente finalizada.
Durante esta mesma xornada, Herrera tamén se enfundou outras camisetas de equipos de fútbol como o Getafe e La Bañeza.