O Leis Pontevedra, preocupado polas lesións no regreso aos adestramentos
Por Almu Dapena
O Leis Pontevedra FS comeza a súa posta a punto para disputar os play-off de ascenso a Segunda División de fútbol sala.
Coa mente no 18 de xullo, data na que xogarán a primeira eliminatoria ante o Albense, e con todos os xogadores co test do COVID-19 realizado, o club pontevedrés confirmou que volverá á cancha do Pavillón Multiusos, coa totalidade do persoal, o vindeiro luns 8 de xuño para comezar os adestramentos preparatorios para a fase de ascenso.
"Hai moitas ganas de ver aos compañeiros e votar a pelota a andar", comenta Antonio Rodríguez, xogador do primeiro equipo. Os partidos serán "complicados", aínda así, está convencido de que teñen "equipo para loitar polo ascenso", pero prefire ter calma e ir "partido a partido".
Antonio, que suma a súa segunda tempada no Leis, está "contento" por poder gozar da experiencia de disputar un play-off deste nivel, con todo, a preocupación polas lesións está aí: "estivemos moito tempo parados e non sabemos como imos reaccionar".
Pola súa banda, desde o club afirman que a volta aos adestramentos será con todos os protocolos de seguridade e saúde, e manifestan que a súa prioridade é a seguridade dos integrantes do persoal. Para iso, contarán cun preparador físico que se encargará de que o rendemento dos xogadores e a volta á competición realícese da mellor forma posible e así facer posible o "soño tan ansiado de subir a Segunda División".
Relacionadas:
-
Primeiros movementos no Leis pensando na próxima tempada
Por Redacción |
-
Os play-off de ascenso de Leis e O Fisgón xogaranse, oficialmente, sen público
Por Redacción |
-
Tres meses despois, o Leis volve traballar en grupo coa mente posta no ascenso
Por Manu Otero |
-
O Fisgón e Leis, primeiros equipos galegos en someterse aos test de Covid-19
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Arosa, Leis e O Fisgón formalizan a súa inscrición para os play-off de ascenso
Por Redacción |
-
Alfonso Fernández Paz adestrará ao primeiro equipo feminino do Leis
Por Redacción |
-
O Leis amplía unha tempada máis o contrato do seu adestrador Mikel Diestro
Por Redacción |