O Valdetires de Ferrol e o Viaxes Amarelle, "rivales muy duros" para O Fisgón no seu soño polo ascenso
Por Almu Dapena
O regreso aos adestramentos está cada vez máis preto para O Fisgón.
Despois de realizar as probas do COVID-19 o pasado venres na sede da Federación Galega de Fútbol en Pontevedra, o club marinense xa conta as horas para regresar á cancha do Pavillón A Raña.
Será o próximo 9 de xuño e en diferentes grupos, tal e como confirmou a súa adestradora, Pili Costa. "De momento en fase 3 se harán dos grupos para seguir con las recomendaciones sanitarias e intercambiando entrenamientos grupales con los individuales que estaban realizando hasta ahora".
Para iso contará coas 14 xogadoras que disputaron a fase regular. "Están muy contentas y motivadas y tienen ganas tremendas de entrenar", pero sobre todo polo que supón disputar uns play-off á máxima categoría do fútbol sala. "Es la primera vez que se clasifican para una fase de ascenso de este tipo", destacou Costa.
En canto aos seus rivais, a adestradora marinense cualifícaos de "equipazos". Tanto o Valdetires de Ferrol como o Viaxes Amarelle son "rivales muy duros pero estamos motivadas y creo que vamos a hacer un papel digno", revelou.
Para iso, terán que esperar ao 18 de xullo, data para a que está fixada a primeira eliminatoria na que terán que facer fronte ás ferrolás e, en caso de superalas, unha semana máis tarde, saltarán á cancha para competir ante as primeiras clasificadas do grupo, o Viaxes Amarelle nun horario que aínda está por determinar.
Relacionadas:
-
A Federación Galega de Fútbol retransmitirá a fase de ascenso de O Fisgón a Primeira División
Por Redacción |
-
O Fisgón vístese de Galicia para a fase de ascenso a Primeira División
Por Redacción |
-
O Concello de Marín reúnese cos clubs deportivos para xestionar o uso das instalacións pechadas
Por Redacción |
-
O Fisgón e Leis, primeiros equipos galegos en someterse aos test de Covid-19
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Arosa, Leis e O Fisgón formalizan a súa inscrición para os play-off de ascenso
Por Redacción |
-
O Fisgón, a dúas vitorias do soño de xogar en primeira
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |