A Federación cancela as ligas de atletismo para esta tempada e substitúeas pola Copa de España de clubs
Por Redacción
A comisión delegada da Real Federación Española de Atletismo acordou este miércores a cancelación do campionato Nacional de Clubs 2020 de categoría absoluta e a creación no seu lugar da Copa de España de Clubs. Os cambios, que se aplicarán só para esta tempada, están motivados pola imposibilidade de organizar as xornadas das ligas cumprindo estritamente a normativa sanitaria e sen causar prexuízos aos clubs. Por iso tampouco haberá ascensos nin descensos este ano.
Esta decisión afecta directamente á Sociedade Gimnástica de Pontevedra, cuxos equipos masculino e feminino militan na Divisón de Honra do atletismo nacional, status que conserverán polo menos unha tempada máis.
A creación, de maneira excepcional, da Copa de España para o ano 2020 supón a organización dun campionato de ámbito estatal ao que están convidados a participar todos os clubs de División de Honra e Primeira División, así como os de categoría nacional que cumpran os requisitos marcados pola RFEA.
O sistema de competición dividirá aos equipos en diferentes grupos de oito clubs cada un. A máxima categoría será a Copa Iberdrola Oro (primeira categoría serie A feminina) e a Copa LaLigaSports Ouro (primeira categoría serie A masculina). Quedarán encadrados nestas divisións os oito equipos rexistrados con mellor ranking.
Os oito seguintes, tanto masculinos como femininos, irán á serie B da primeira categoría e competirán pola Copa LaLigaSports Prata ou a Copa Iberdrola Prata respectivamente.
O seguinte grupo de oito quedará encadrado na segunda categoría Serie A de a Copa de España de Clubs, mentres que á serie B da segunda categoría irán os oito equipos con menor número de puntos na clasificación da RFEA.
Dado que o número de participantes é limitado, terán preferencia á hora de inscribirse os equipos clasificados e rexistrados no 2020 para as ligas de maior nivel do país. Se algún renuncia, a RFEA convidará a participar a aqueles que, presentando a súa estadillo, estivesen posicionados entre os 32 mellores equipos rexistrados. Para os excluídos créase a categoría Promoción.
A data e o lugar para a disputa das Copas Oro e Prata xa están fixadas. Será no estadio Vallehermoso de Madrid a fin de semana do 5 e 6 de setembro.
Relacionadas:
-
A Sociedad Gimnástica xa ten rivais para a Copa de España
Por Redacción |
-
Aprobado un "calendario de mínimos" no atletismo galego para retomar a competición en 2020
Por Redacción |
-
O "raro" regreso dos atletas da Gimnástica á pista do CGTD
Por Redacción |
-
Os atletas da Gimnástica retoman os adestramentos en grupo
Por Redacción |
-
Víctor Gallego: "Faríame ilusión ser o capitán da Gimnástica cando o equipo faga os 100 anos"
Por Redacción |